Toda a etapa de primaria fomos ver a obra teatral en inglés "Treasure Island" ao CEIP Curros Enríquez. A posta en escea é da compañía de teatro en inglés "Face 2 face". Esta obra está baseada na novela "A illa do tesouro " de Robert L. Stevenson, un libro recomendado para nenos e nenas de 2º ou 3º ciclo aos que lles gusten as historias de aventuras e piratas.
Aínda que tamén temos adaptacións como a de Bahía Edicións, da ilustradora Sandrine Gambart, para os máis cativos.
Aquí vos deixamos coas fotos dese día, no que houbo risas, sustos e ata un actor espontáneo de 6º chamado Daniel que o fixo, con outr@s nen@s do colexio Curros Enríquez, moi ben.
O venres pasado tivemos unha lectura en voz alta diferente, todos os nenos e nenas de 3º e a súa mestra, Luz, tíñannos preparada a proxección dun conto na biblioteca coas súas voces grabadas interpretando cada personaxe da historia. O conto titúlase "A viaxe das bolboretas", unha historia dun vermiño e o que lle aconteceu mentres percorría a distancia entre a laranxeira e o limoeiro. Nese longo camiño para el non só atopou bos amigos senón tamén obstáculos aos que lle facer fronte. O VERMIÑO e os seus amigos: O GRILO, A TESOIRIÑA, A FORMIGA, A PULGA E A EIRUGA invítanvos a ler este bonito conto.
DIVÍRTETE CON NÓS EN "A VIAXE DAS BOLBORETAS"
Percorrido da laranxeira ao limoeiro: (realizado pol@s nen@s de 3º)
Hoxe celébrase o Día Mundial da Auga. No noso cole esta conmemoración cobra doble importancia xa que é o tema central do proxecto da nosa biblioteca e todas as aulas estamos a traballar e investigar sobre ela.
Pero sabedes por qué se celebra nesta data? Navegade polos enlaces e averiguarédelo!
Aquí vos deixo un enlace onde podedes atopar moitas actividades para aprender aínda máis cousas.
Non olvidedes tampouco que na wiki da biblioteca podedes atopar unha chea de recursos para a vosa consulta e traballos que teñades que facer.
Hoxe en Xanela tivemos a sorte de contar coa visita do ilustrador Abraham Carreiro, que nos ensinou un pouquiño da súa profesión: a caracterización de personaxes , a técnica do difumino coas pinturas pastel e o uso de cores frías e quentes segundo a sensación ou o ambiente que queiramos darlle á ilustración; unhas boas técnicas para levar aos nosos debuxos que axiña fixemos na aula para aplicar o aprendido. Dende Xanela recomendámosche o libro"A pel do crocodilo"da editorial a Nosa Terraque está disponible na biblioteca.
Debuxos de Abraham Carreiro
Adxuntamos unha entrevista para coñecer máis cousas del:
Xa está o colexio metido de cheo na festa do Entroido. Estes días non se para! Polo de agora todo o alumnado e o profesorado anda a participar no xogo do Mandadiño, xa sabedes, cada día temos que estar pendentes dos carteis que anuncian o que hai que traer ao día seguinte. Hoxe xa chegamos todos con gafas de buceo, xoguete de praia e gorro de baño... Que teremos que traer mañá? Acabo de mirar ao noso buzo e tócanos algo para flotar! Como vedes todo está relacionado co tema da auga, o tema do noso proxecto de biblioteca. E vaia pintas que temos todos!
Preparádevos para o venres, día no que ademais de vir todos disfrazados da casa (estou desexando vervos!) temos unha xornada moi especial; toda a mañá estaremos rotando polos distintos obradoiros que están organizados: alimentar á balea, taller de fotos,cruzar o río, papiroflexia, pesca con cana, pompas de xabrón. Cando rematemos participaremos nun desfile e comeremos unha chea de doces que aportarán as familias. A ANPA tamén aportará uns zumes.Pero non todo vai ser festa! Para que tamén aprendades moitas cousas sobre o entroido en Galicia aquí vos deixo unenlace da coordinadora galega con moitísimas actividades: xogos, cazas do tesouro, vídeos...