29/04/13

IV CERTAME LITERARIO "XANELA"

Coma en anos anteriores, a Biblioteca Xanela, volve a convocar o seu CERTAME LITERARIO.
Queremos deixar as BASES polas que se rexirá o concurso.
Moitos ánimos e a PARTICIPAR!!!

CONVOCATORIA 12/13

 Como todos os anos A BIBLIOTECA XANELA convoca o CERTAME  de Literatura nas modalidades de ALBUM
ILUSTRADO, para EDUCACIÓN INFANTIL, NARRATIVA para o PRIMEIRO CICLO, BANDA DESEÑADADA para o SEGUNDO CICLO e TEATRO para o TERCEIRO CICLO e unha categoría especial.
 

Os premios XANELA teñen por obxecto distinguir as obras dos autores do colexio Sanjurjo de Carricarte, escritas en lingua GALEGA.

O equipo de Biblioteca, xunto co de Normalización Lingüística resolven:

·        PRIMEIRO:

-Os premios nas modalidades de album ilustrado, narrativa, banda deseñada e teatro correspondentes ao curso 2012/2013, distinguirán as mellores obras entregadas de cada un dos xéneros.

-Os traballos serán libres, pódense incluir ilustracións, poden ser escritos a man ou feitos en word...

-A primeira fase de selección correrá a cargo das titoras, que entregarán ao xurado como máximo catro traballos.

·        SEGUNDO:

-Os premios en cada modalidade terán un agasallo que percibirán @s autores das obras e poderán ser declarados desertos.

-Quedan excluídos aqueles traballos que non estean ben presentados e non se axusten ás normas do concurso que cada titora explicará nas aulas.

 ·        TERCEIRO:

Para a concesión dos premios constituirase un Xurado, cuxa composición será a que segue:

-Isi: Coordinadora de Biblioteca

-Maite Otero: Coordinadora de Normalización Ling.

-Raquel: Coordinadora de EACE

-Manuel: Coordinador de Tics

·        CUARTO:

Será competencia do Xurado:

-A valoración das obras e o fallo dos Premios. O xurado valorará a creatividade das obras, a preocupación pola linguaxe, a orixinalidade e a expresión literaria e plástica.

 ·        QUINTO:

O prazo de entrega dos traballos remata o 24 DE MAIO do presente ano. Aquelas persoas que o presenten fora de plazo non poderán participar no mesmo.
 
·        SEXTO:

A presente resolución entra en vigor o mesmo día da súa publicación no blogue da Xanela e a Web do colexio.
A Coruña, 29 de Abril de 2013

un venres con lectura de cine

Este venres pasado disfrutamos  dunha sesión na que hubo un pouquiño de lectura en voz alta e outro pouquiño de cine, xa que na Biblio temos unha exposición de  libros dos que despois fixeron unha peli.
Durante a semana puxéronnos pelis de Pipi Calzaslargas, do mundo de Coraline e imos continuar tamén nesta.
Lusca, entregou os detalles pola colaboración dos nen@s do cole no concurso: o meu libro favorito é ...e quedou encantada de todos  libros os debuxos  que aparecen reflexados...dixo que vai colgalos por todo o cole para que os vexamos. MOITAS GRAZAS e FELICIDADES!!!
Unha pequena mostra do venres...


26/04/13

Os alumnos de 5º, no Concello

Onte, mércores 25 de abril, un grupo de alumnos da aula de 5º, representando aos seus compañeiros asistiron ao acto de solicitude de licenzas de venda para o Mercado Semente, que se celebrará o vindeiro 25 de maio no Obelisco.
O proxecto Semente é un programa ofertado polo Concello. As aulas participantes teñen que constituír unha empresa  en forma de cooperativa. Aprenden todos os aspectos relativos á constitución: elaboración de estatutos, elección do equipo directivo, elaboración de produtos, publicidade...  E finalmente teñen a ocasión de vender os seus produtos no Mercado que se organiza a final de curso.
A aula de 5º leva todo o curso traballando con moita ilusión nesta iniciativa e xa teñen unha chea de cousas para vender. As ganancias que obteñan empregaranse no seguinte:
1º- Devolver o capital inicial aos socios da cooperativa (os alumnos e alumnas)
2º- Pagar unha porcentaxe, en forma de impostos, á ONG Solidariedade Internacional Galiza.
3º- Financiar parte da excursión de fin de etapa.
Hoxe sae na prensa a noticia do evento de onte, Na Voz de Galicia e na Opinión.
Aquí vos deixo unha foto do grupo que asistiu ao acto.

25/04/13

FotoGRAFÍA EN curs...NOVA ENTRADA

"Xa contamos na sesión anterior que o noso traballo tería unha doble vertente: por un lado traballaríamos co alumnado no centro e por outra buscaríamos a complicidade das familias. Para iso era necesario ter unha sesión de formación con ambos".
Xa podedes volver a entrar na páxina de FOTOGRAFÍA EN CURS (enlace na columna da dereita)  para ler a seguinte entrada...lembrade!!! no apartado BLOQUE

23/04/13

cine na Xanela : PIPI Calzasalgas.

Toda esta semana a BIBLIOTECA XANELA abre como cada día as súas portas para ver "cine". Proxectamos películas que saíron directamente dun LIBRO.



Hoxe disfrutamos dun capítulo de "PIPI CALZASLARGAS".
A maioría de nós coñecemos a este personaxe  pola tele e  a pecosa de pelo bermello máis libre e salvaxe sempre será a inimitable Inger Nilsson, aínda que o personaxe ten varios anos máis que a famosa serie e é que naceu nos libros a mediados dos anos 40. Hoxe queremos render unha homenaxe a un dos libros xuvenís máis intelixentes que se escribiron xamais.

A autora

O personaxe de Pippi Calzaslargas foi creado por Astrid Lindgren en 1941. A súa autora nacera en Suecia en 1907 e criouse felizmente nunha granxa con dúas irmás e un irmán. Empezou a escribir as historias de Pippi para regalarllas á súa filla cando cumprise 10 anos. Pronto empezou a cosechar as boas críticas e a simpatía co público máis novo e dedicouse a escribir libro.



O argumento

Orfa de nai e cun pai ausente (é un pirata rei) Pippi Calzaslargas vive soa na súa casa cun cabalo con lunares e un mono. Lonxe de vivir amargada,  invéntase un mundo á súa medida. Un mundo de fantasía onde todo é posible. Pronto coñece a Tommy e Annika que lle acompañarán nas súas aventuras. Un detalle a ter en conta é a enorme forza da moza de 9 anos, capaz de tombar a un adulto. Todo no seu mundo é extravagante, ata cando fai limpeza.

O trasfondo

O libro ten diversas lecturas como a maioría dos libros infantís. Por unha banda están as aventuras delirantes de Pippi, Tommy e Annika, a parte divertida e que engancha cos máis pequenos, e por outro o trasfondo social e psicolóxico da protagonista que chegou a ser acusado de cruel (por vivir soa), irresponsable e anarquista por facer sempre o que cría oportuno, algo que non sempre entendeu nin aceptou a crítica.

Pipi  é un libro intelixentísimo, cun humor poucas veces visto nun libro infantil e que pode ser degustado perfectamente por nenos como por adultos. Por suposto que non nos fará esquecer a serie coa que crecemos, pero descubriremos a unha Pippi con moitos matices e pasarémonolo/pasarémosnolo en grande.
 
 

 

 


23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe levamos a cabo unha actividade conxunta no patio do cole e que resultou moi bonita, xa que rapaces maiores con rapaces pequenos, todos xuntos e todos mesturados, fixemos a lectura, como facemos tódolos días, aínda que hoxe, co gallo do DÍA DO LIBRO, limos no patio, cun día espectacular.
Os maiores lían aos máis pequenos e os máis pequenos aos maiores!!!!!
Podedes velo nas imaxes que falan por sí mesmas.

21/04/13

no mes de abril...a viaxe de María


A nosa compañeira Maite, de educación infantil, enviounos esta historia ilustrada para que saibamos un pouquiño máis.
“Unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe chea de color, amor, creatividade e orixinalidade, que nace no percorrido duns pais que ven como súa filla se comporta dun xeito especial, ata confirmaren o diagnóstico: autismo”
Vídeo fermoso e duro, pero real, como reais son estes nenos. Foi publicado pola Fundación Orange como parte da campaña para achegarlle o coñecemento do autismo á sociedade. A curtametraxe foi realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.
Fonte: Asociación Española de Pediatras de Atención Primaria (AEPAP)






20/04/13

23 de Abril de 2013 DIA DEL LIBRO

Este ano imos celebrar o día do Libro cunha exposición na Xanela titulada CINE E LITERATURA.
Ademáis imos facer  unha saída  ao patio, despois do recrero para realizar  a LECTURA EN VOZ BAIXA cos compañeiros e compañeiras do cole.
Propoñemos un concurso titulado O MEU LIBRO FAVORITO.

A titora entregará unha folla a todos aqueles que queran expresar cal é o seu libro favorito e facer unha portada do mesmo. Podedes entregalo na Xanela ao longo da semana e o venres entregaremos un detalle a cada neno que participe.
Moitos ánimos e ide pensando o voso libro favorito.
Se queres saber mais sobre a HISTORIA DO LIBRO, pincha eiquí

Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)
Coma en anos anteriores, e para celebrar este Día Mundial do Libro o vindeiro 23 de abril de 2013, edítase un marcapáxinas cun texto orixinal co que unha autora, neste caso PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro), agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Esta edición conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e foi distribuído entre as bibliotecas do Plan de mellora de bibliotecas escolares.

buenos días señor Tapies

Bonita lectura de Hodei, Aarón, Leo e David Trasancos de 5º acompañados pola actuación de Roberto de 5º e Kwayetcha de 2º.

Eulalia tiene 7 años y va a conocer a un artista famoso: Tápies. Ha visto a su zapato grande. A Tápies le gusta casi todo lo mismo que a Eulalia: descubrir la cara oculta de las cosas, le gusta la miel y lo dulce, las campanas que anuncian el principio y el fin de las cosas… Está en su casa, buscándole y a la vez pensando en cómo es… al final le encuentra y…
 

19/04/13

NO MES DE ABRIL...meu irmán pequeno da lúa

Deíxovos un precioso vídeo dunha nena, que fala do autismo do seu irmán pequeniño dende a súa perspectiva.
MON PETIT FRÈRE DE LA LUNE

18/04/13

No mes de Abril

O día 2 de abril, ademáis de ser o día internacional do libro infantil, tamén é o día mundial da concienciación do autismo.
Hai un libro precioso que se chama o cazo de Lorenzo,de Isabelle Carrier,  que temos na Biblioteca Xanela e que vos recomendo de corazón.
Déixovos tamén un enlace que é a páxina principal de AUTISMO ESPAÑA, para saber, coñecer, sentir, pensar... e unha actividade na BIBLIOTECA NODAL MIGUEL GARCÍA GARCÉS:
Sábado 20 de abril. Presentación do libro ALGUIEN EN ALGÚN LUGAR: DIARIO DE UNA VICTORIA CONTRA EL AUTISMO / DONNA WILLIAMS
 
 
 

ROBERTO vidal bolaño e o CINE

16/04/13

literatura e cine infantil


O vindeiro 23 de Abril celébrase o día do libro e na Xanela pensamos  que, xa que estamos a traballar o cine, podedes entrar no enlace da revista babar e botar unha ollada aos libros que inspiraron a algúns directores para levalos á gran pantalla.





15/04/13

LETRAS GALEGAS...QUENTANDO MOTORES!!!!

Este ano nas LETRAS GALEGAS...
ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Ficha técnica

2002, Teatro do Aquí
Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño
Elenco: Mónica Camaño, Avelino González, Rubén Ruibal
Deseño de escenografía: Júlia Brens
Deseño de vestiario: Gonzalo V.
Coreografías: Teatro Bruto
Produción e distribución: Belén Quintáns
Cobertura técnica: Kachet
Axudante de dirección: Carlos Losada
Estrea: 15 de marzo de 2002 no Auditorio Municipal de Narón
Premios
2003. Premios María Casares: Mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor iluminación.

Sinopse

Animaliños conforma, xunto con Anxeliños e Criaturas unha triloxía arredor de determinados aspectos do noso presente, vistos dende a ironía e o humor. Si en Anxeliños o obxecto da nosa mirada era o da posible pervivencia entre nós de algún dos moitos pactos co demo posible, e en Criaturas ver de detectar e poñer ao descuberto o que a razón ou a civilización puideran ter producido de monstruoso en nós, en Animaliños esa mirada diríxese á paradóxica e contradictoria relación que as sociedades da opulencia establecemos hoxe co naso entorno, e moi en especial coa natureza, á que protexemos paternalmente ao pé da nosa casa e non dubidamos en contribuir ou consentir deturbar nas dos demais.
Os perfís deses «animaliños» que pretendemos retratar, como non podía ser doutro xeito, viñéronnos suxeridos pala observación da propia realidade, poIa lectura de revistas especializadas en temas relacionados coa xardinería ou a ecoloxía, polo seguimento de programas de radio e de televisión, e pola nosa propia convivencia con eles. Unha viaxe asÍ, por suposto, non estaría o noso alcance nin foi esa a nosa pretensión, dende a trascendencia ou o rigor filosófico, senón dende o humor, a ironía, ou o sarcasmo. E dende aí é dende onde o tentamos facer, reinterpretando a realidade e a nosa relación con ela na dirección descrita, e vendo de traducir o intuido en feitos literarios e escénicos concretos, dende unha poética teatral que se quere e se sabe quen de ser propia.

14/04/13

buscando respostas...

biblioteca monte alto


O pasado xoves os alumn@s de 4º foron a Biblioteca de Monte Alto para resolver unha situación. O feito é que chegaron ás praias de Galicia, e concretamente a nosa praia de Riazor un montón de botellas que contiñan unhas mensaxes dentro. Os servizos de limpeza, al lelas, viron que se trataban dunhas mensaxes procedentes das costas canadienses e que enviaron rapaces fillos de galegos que viven alá. Por este motivo as levaron ás bibliotecas municipais para que dende elas se lles poidese dar resposta ás múltiples preguntas que @s nen@s facían. Dado o volumen de mensaxes as bibliotecas pedíronnos axuda e os de 4º fomos para colaborar.
Atopamos todas as respostas as preguntas que nos facían, ademáis de aprender a movernos pola biblio e atopar a información.
Trouxemos varias solicitudes para facernos socios, xa que algúns xa o son e ademáis collemos un montón de libros en préstamo, ademáis de unha peli que está relacionada cun libro.
Nos dixeron que teñen dvds de películas, como a de mon oncle que vimos no Nadal e que podemos collelas para velas en casa coa nosa familia.
Alicia e Inés, as bibliotecarias, foron marabillosas e ensináronnos moitas cousas.
Na columna da dereita,na parte de arriba, onde di BIBLIOTECAS, tendes uns enlaces adicados ás bibliotecas onde podedes entrar e ver.

No mes de abril...OS 70 ANOS DO PRINCIPIÑO

"LE PETIT PRINCE", EL PRINCIPITO, O PRINCIPIÑO, o libro máis vendido e traducido no
 mundo logo da Biblia, cumpre 70 anos e a Sucesión que administra o 
legado do seu autor, Antoine de Saint-Exupéry, prepárase a festexalo ao grande en 
2013 e 2014.

"O Principito" foi publicado en abril de 1943 case simultáneamente en inglés e francés, en Nova York, onde Saint Exupéry radicouse desde 1941, xunto coa súa esposa, a salvadoreña Consolo Suncín.


"Saint-Exupéry, escritor e piloto, partiu a Estados Unidos non para escribir, senón para axudar
 a convencer a ese país de unirse ao combate contra a barbarie", sinalou nunha roda de prensa DAgay, neto dunha irmá do autor. 


Foi entón que o seu editor estadounidense convenceuno de escribir un conto de Nadal, un 
conto infantil."Saint-Exupéry estaba sempre debuxando en todas partes -en restaurantes, en cadernos a figura dun pequeno pícaro louro, que se inspiraba na súa infancia feliz, e ao que converteu no personaxe dese conto".
O resultado desa aventura neoiorquina, que naceu nun contexto de exilio e nun mundo en 
guerra, foi ese conto máxico e filosófico dun centenar de páxinas, que se converteu nun 
fenómeno editorial, "algo que Saint-Exupéry xamais puido imaxinar", apuntou DAgay.
Nos 70 anos desde que foi publicado "O Principito", vendéronse 143 millóns de exemplares
 no mundo.
O manuscrito orixinal do conto, que foi traducido en máis de 230 linguas
 e dialectos, consérvase na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York, que 
será un dos principais escenarios dos festejos conmemorando o 70 aniversario de
 "O Principito".
En Francia, o programa para 2013 inclúe a publicación dunha nova edición
 do libro e da historieta, así como un libro electrónico e un novo episodio
 animado da serie "O Principito", que foi vendida a un centenar de países.
Ademais, a Fundación Antoine de Saint-Exupéry para os mozos, que impulsa
 accións solidarias para  desfavorecidos nunha veintena de países no mundo,
 publicará neste aniversario unha edición para os cegos, para "compartir 
a maxia e soño deste conto" mediante debuxos en terceira dimensión.
E unha exposición, que terá lugar na sé da Unesco, en París, o 27 de abril, en 
ocasión da Universidade da Terra, enfatizará os valores do Principito, "un personaxe
 protector do planeta, da paz, da infancia".

10/04/13

RELACIÓN ENTRE O CINE E OS ÁLBUMES ILUSTRADOS e viceversa

Libros que son levados ao cine...cine que é levado aos libros.
No nadal traballamos cun libro, máis ben ,  un ÁLBUM ILUSTRADO, titulado el papagayo del  Monsieur Hulot. 
 Tod@s lembramos que a editorial KALANDRAKA inspirouse na película de  Jacques Tati, titulada Mon oncle.
Coñeces mais libros ou películas ás que lle pasa esto???
A revista BLOC que agora a podedes ler online adica o seu bloc nº5 a este tema...entra e le...



 



VIDEOTECAEDUCATIVA

 ESPAZO PARA DOCENTES E EDUCADORES QUE DESEXEMOS UTILIZAR E COMPARTIR EXPERIENCIAS E MATERIAIS QUE SERVAN PARA APLICAR O CINE COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA NAS AULAS.
http://videotecaeducativa.blogspot.com.es/






 

il faut que tu respires

Estaba buscando información sobre o relevo de Galicia e pensaba na paisaxe que temos na nosa marabillosa comunidade e que a pesar de que chove e chove,  segue a ser preciosa. Entón pensei nun vídeo que me ensinou unha boa amiga e que quero compartir con todos vós. A música é un rap, que xa sabedes que tamén me encantan e ademáis está en francés. Titúlase RESPIRE...que é un imperativo: da unha orde: respira!!!


Tes que respirar, e iso non fai falta dicilo,
non vas morrer de risa, e non fai falta dicilo.
Tes que respirar, é mañá cando todo empeorará,
non vas morrer de risa, e non fai falta dicilo.

Fomentando a lectura

Un bonito vídeo no que coñecidos personaxes literarios
 cobran vida.  Forma parte dunha campaña na que a Biblioteca THE LIBRARY O  CONGRESS e a fundación READING IS FUNDAMENTAL(RIF) uníronse  para  fomentar a lectura en nenos e nenas de baixos recursos económicos e con ela contribuir a alfabetización...
Desexo que vos guste!!!



 

09/04/13

No mes de abril...

Logo de CORENTA ANOS da súa morte, Picasso sigue sendo protagonista do mundo da cultura.
Con máis libros escritos sobre el que Rembrandt ou Rafael, o artista nado en Málaga en 1881 faleceu o 8 de abril de 1973 na súa vila de Notre-Dáme-Vie, en Mougins (Francia).

Moitos lembrades que o curso pasado estudiamos a vida e a obra deste pintor vanguardista. Comentar dúas películas que o séptimo arte adícalle a esta figura que conmemoramos:
SOBREVIVIR A PICASSO do ano 1996




É unha películada Warner Bros e  do Reino Unido que dura 125 minutos.A protagoniza o actor ANTHONY HOPKINS. O xénero na que se pode enmarcar é o drama e trata da vida do universal pintor, os seus amores e paixóns.

 En 1943, a nova pintora Françoise Gilot coñece a Pablo Picasso. Durante os seguintes dez anos será o seu musa e parella, proporcionándolle inspiración e dous fillos. Tamén verá como outras mulleres aparecen na vida de Pablo e deberá ademais soportar os seus caprichos, o seu estraño sentido do humor e o seu tacañería.



A outra película...PRÓXIMAMENTE

Un malagueño interpretando a outro malagueño. O primeiro  é Antonio Bandeiras e o segundo Pablo Picasso.

Bandeiras dará vida a un dos maiores artistas do século XX en "33 días", a nova cinta de Carlos Saura, coproducción franco-española, que se centrará nun momento concreto da vida do pintor e escultor, na etapa de confusión emocional mentres traballaba na obra mestra, "Guernica"

O título de 33 días refírese ao periodo de tempo durante os meses de maio e xuño de 1937 en que Picasso pintou o Guernica, e aludindo ao bombardeo de Guernica ocorrido o 26 de abril de devandito ano durante a Guerra Civil Española. A película pretende mostrar como a pintura foi a salvación dun Picasso nun momento de crise persoal, centrándose ademais na relación do pintor coa súa esposa, Olga Khokhlova, co seu amante, Marie-Thérése Walter, e coa fotógrafa Doura Maar, quen captou varias fases da creación do famoso mural.(do tublogdecine.es



 









No mes de Abril...

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos susurros
e ríos bulliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos, ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Poema de Pat Moura
Traducido pola autora.

O 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.

 

 

FOTOGRAFÍA EN CURSO

FOTOgrafia en CURS
Xa temos a primeira entrada en FOTOGRAFÍA EN CURS...podes lela entrando na páxina. Non tes que sair da Xanela porque como podes ver a túa dereita tes o enlace. Unha vez dentro vai ao 
" BLOG"

05/04/13

a vella na botella

Jaime de 6º , hoxe 5 de Abril, abriu de novo as lecturas en voz alta deste terceiro trimestre coa lectura dun libro que se titula A VELLA NA BOTELLA.




Unha bruxa de pelo roxo, farta

das queixas da súa veciña, 

decide un día lanzarlle un 

meigallo terrible e encerrala 

nunha botella:



Carne de burro, carne de can,

que te leve o furacán!

Por sorte, unha fada do bosque libera a vella do seu encerro e cúmprelle o seu desexo: vivir nunha casiña con horta, vacas e galiñas; pero a desagradecida muller axiña se mostrará descontenta e aspirará a unha vida mellor.

Moitos parabéns para Jaime polo ben que o fixo!!!



02/04/13

FOTOGRAFÍA EN CURS

Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica iniciado en 2012.
Somos pioneros como cole de primaria, xunto co ceip Manuel Murguia,
en participar neste creativo proxecto.




 "ESPAZOS  BALEIROS"é a proposta para este ano.
Todas as fotografías da presentación son tomadas do programa fotografía en curs e as imaxes que non forman parte deste programa son tomadas das imaxes de google.
"Aprendendo a fotografar non só aprendemos a crear e a expresar, senón tamén un xeito de relacionarse co ámbito e cos demais. Mirando a través da cámara, buscando unha fotografía, encadrando, compoñendo, establécese un vínculo persoal e cada vez único co mundo". 
Grazas pola implicación no proxecto e a ilusión  na posta en funcionamento...