
Achegando a boca ao burato e soprando, todo se volve branco; se o sopro é poderoso, faise voar un elefante; se é suave, móvese un muíño viraventos; se é na mazá, sae o verme cara ao seu niño no sol; sobre a roupa, conséguese que bailen as bolboretas; na caracola, navega o capitán a toda vela; e na árbore onde o peto fai o seu niño, os paxaros canta. O sopro no trombón provoca unha orquestra de abellas, e soprando tamén arrefríase a sopa...lembrade a semana pasada o que pasaba coa sopa que queimaba...
Cun burato que atravesa este libro,
Ana, Aïcha e Carolina, ou Carola como lle chaman as súas mellores amigas, sopraron e sopraron este venres pasado facendo que tanto pequenos como maiores disfrutásemos un bo rato e botáramos unhas risas...só fai falla velo nas fotos.