17/02/21

14 FEBREIRO: DÍA DO AMOR E DA AMIZADE


 💖14 DE FEBREIRO: DÍA DO AMOR E DA AMIZADE💖

Velaquí vos deixamos algunhas recomendacións para este día ou calqueira outro, porque o amor e a amizade están presentes todos os días do ano. Enviámosvos moito moito moito amor para vos como mellor agasallo.

11/02/21

Primeiro Programa de Radio Xanela do 2020/2021

 


Radio Xanela xa está de volta este curso!

Cando estamos a un día celebrar o Día da Radio, podemos ao fin ofrecervos o programa de radio que resume todo o que aconteceu no cole no primeiro trimestre.

O alumnado de 2º presenta este programa cheo de grandes contidos coma a COVID. Imposible non falar deste tema que está a marcar as nosas vidas. Escoitade o que opinan as grandes mentes que temos en Educación Infantil, non faltan ideas para combatir ao virus!

Tamén hai tempo para falar de datas importantes como o Magosto, o Samaín, a celebración do Estatuto de Autonomía de Galicia ou de proxectos tan interesantes como o do espazo do Vixía.

Todo isto ben acompañado de cancións que non poderedes deixar de escoitar e promos dun cole onde non o podemos pasar mellor!


Desfrutade do voso programa e se queres deixanos tamén a túa opinión.

03/02/21

LECTURAS COMPARTIDAS



👂Xa comezaron as lecturas compartidas👂
Podedes botar unha ollada dende a Aula Virtual da biblio. Ademáis temos unha sección da biblio para que teñades tamén en físico os libros (sempre e cando sexan do cole).




 

Libros con SORPRESA


😲LIBROS CON SORPRESA😲







 

Xogos e manipulables



A gamificación tamén ocupa un lugar importante na biblioteca. Por aquí vos deixo unhas imaxes dos xogos da biblio.









 

Día da Non Violencia e a Paz



❤ HOXE MÁIS QUE NUNCA PRECISAMOS DO TEU SORRISO❤
O día 30 celebramos o Día da Non Violencia e a Paz e dende a Biblio fixemos este estante con propostas de libros relacionados con esta temática.