Como todas xa sabedes xa que foi froito do traballo colectivo, co voso esforzo ao longo do curso pasado construímos unha colección de cromos de mulleres co correspondente álbum para a colección.
O alumnado de TODOS os niveis do centro (infantil e primaria) colaborou no descubrimento e creación artística destas 54 mulleres que conforman a nosa primeira colección e, se ben o proceso de creación xa foi altamente enriquecedor non é menos o resultado e todo o camiño que estamos a percorrer para completar, cada un/ha, a nosa colección.
Foi un traballo co que estamos moi satisfeitas/os e que empregamos durante todo o curso con distintas dinámicas para ir completando a colección, re-descrubrindo e visibilizando 54 mulleres de distintos ámbitos con investigacións, entrevistas, xogos de descubrimento, ou tamén empregando as datas sinaladas ás que algunhas delas estan vencelladas para saber máis e pegar o cromo.
O resultado é fabuloso e, por se alguén quere empregalo ou sacar outra copia, aquí deixamos os documentos aos que podedes acceder e descargar.
(Lembramos que o álbum ao completo débese imprimir en tamaño A5)
O gran nivel de aproveitamento deste producto xenuínamente creado por todas/os vós abre novos horizontes para a creación doutros materiais relacionados cos que desexamos que vos sigades implicando tanto porque cando todos e todas imos a unha os resultados son incríbles!
Noraboa!
"Erguerase un día
o ceo azulmorado,
as pancartas en branco
e as voces con cantos de liberdade"
(Lola Delgado)