
29/04/16
Lectura 29 de abril: "Codrilo"
Hoxe rematamos a semana da man dunhas lectoras fantásticas. Xana, Helena, Enya e Amara leron un conto cheo de maxia e de humor: "Codrilo."
Foi unha lectura dramatizada que nos deixou a todos abraiados! Esperamos que repitades moitas veces máis!!!

21/04/16
A primeira lectura de 6º de Educación Infantil na nosa biblio!!!

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, leron onte día 20 e hoxe día 21 por primeira e segunda vez na nosa biblioteca!!!!
Están a traballar a Prehistoria, polo que escolleron "Croniñón" para deleitarnos!
Foi unha honra!!! Xenial!!!
Animádevos a ler moitas veces máis... Este é o comezoooo!!!
19/04/16
Víctor Tasende na nosa biblioteca

Víctor Tasende, http://www.victortasende.com/, é un dos exemplos máis grandes de superación cos que contamos na actualidade.
Agradecémosche moito que nos adicases un anaquiño do teu tempo entre Madrid, Suecia e outras partes do mundo. Por suposto, amais... Sorte e ánimo nos novos proxectos, sexa un Ironman, un WorldRun...
Quedámonos coa idea de: perseguir os nosos soños, os nosos obxectivos.
Se precisas unha dose de enerxía positiva, recomendámosche que leas o seu libro! Podes esbozar un soriso e entrar no seu novo proxecto "100thanks" Unha proposta para agradecer a quen queiras o que queiras. Animádevos!
Nós xa o fixemos: Víctor, G R A Z A S!
;-)
18/04/16
Semana do Libro 2016

Comezamos a Semana do Libro!!! As nosas Axudantes da Xanela, Noelia e Kwayetcha (de 5º de EP) leron con moitísima enerxía un conto escollido por elas mesmas para dar comezo á Semana do Libro no noso cole! Foi unha lectura dramatizada adicada ao alumnado de Educación Infantil. Fantásticas lectoras e fantástico público!
13/04/16
A crise dos refuxiados: charla de D. Alfonso Mascuñana
Despois de traballar durante todo o curso os conflitos actuais no mundo, hoxe fixémolo pero dun xeito diferente.
No día de hoxe, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP tivemos a oportunidade de coñecer de cheo o conflito que está a remover conciencias en Europa: a crise dos refuxiados procedentes de Siria.
Alfonso Mascuñana, profesor e voluntario, achegounos á realidade da situación en Grecia, especialmente na illa de Lesbos.
Moitas grazas, Alfonso!
Noraboa a todos os voluntarios que axudan no terreo e a aqueles que, desde a distancia, intentaremos poñer a nosa miguiña!
02/04/16
Abril: mes da lectura!!!!

Hoxé é venres día 1 de abril pero mañá, día 2...
É o Día Internacional do Libro Infantil e tamén o Día adicado ao autismo.
Por iso, para celebralo, toda a clase de 3º de Educación Primaria, coa súa profe Geni ao seu carón deleiráronnos cunha lectura escenificada do manifesto deste ano: "Érase unha vez..."
Grazas a todos por facernos disfrutar e encher a biblioteca de doses de enerxía positiva!!! A disfrutar cos libros, polo día, pola noite, á merenda... ;-)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)