Esta mañá os nenos e nenas de
5º nivel celebraron a súa primeira
tertulia literaria deste curso. Levaban varias semanas lendo a obra "
Bala Perdida" de
Manuel Rivas e hoxe chegou o día de comentar a lectura entre todos: comentaron se lles gustou, por que, que partes lles gustaron máis ou menos, leron fragmentos que lles resultaran especialmente interesantes, falaron do argumento... En fin, unha chea de cousas sobre esta fantástica novela de Rivas ambientada en Atlán, no Reino de Galicia, na que un grupo de piratas, ao abordar un barco alemán, descobren un tesouro incrible. Pero o tesouro agocha un terrible segredo e para atopar unha solución contarán coa axuda de
Ganso Salvaxe.
A sesión resultou moi interesante aínda que quedaron moitas cousas por falar e investigar. Seguiremos informando!
Queres sabes máis da historia? Pois lendo o libro descubrirás moitas máis cousas. Atoparalo na nosa biblioteca!