21/04/15
17/04/15
ABRIL...LIBROS
COLLO UN LIBRO, PÓÑOME A LER;
DUNHA AVENTURA VOU GOZAR
NA MIÑA CASA SEN ME AUSENTAR
UNHA PRINCESA, NUNHA PÁXINA
ESTÁ, CUN DRAGÓN, MOI ANOXADA,
UN REI CEGO QUERE CASAR
SEN TER REINO ONDE MORAR.
UN CABALEIRO, NOUTRA HISTORIA,
NON TEN CABALO NIN TEN ESPADA,
UNHA BRUXA QUERE VIAXAR
SOBRE UN CEPILLO PARA FREGAR.
SOBRE UN CASTELO CAE UN RAIO
E, CO BRUÍDO, CASE CAIO,
QUÉIMASE O LIBRO, PÁXINA A PÁXINA,
QUE POUCO ME DURA ESTA AVENTURA.
COLLO OUTRO LIBRO MOITO MÁIS GORDO,
XA ME DESPIDO DENDE O SEU LOMBO
XA ME DESPIDO DENDE O SEU LOMBO
CALIGRAMAS coa entrada da primavera e o día da POESÍA
O día 21 de marzo fixemos unha entrada sobre o día da poesía, lembrades?
Moitas grazas a todos os nenos e nenas que fixestes un CALIGRAMA para adornar a chegada da primavera con POEMAS e celebrar así o DÍA DA POESÍA.
É un pracer cada mañá velos cando subimos polas escaleiras.
É como un pequeno xardín literario.
Por certo, se queredes cultivar flores poéticas vinde á Xanela a buscar flores!!!

a casa do arco da vella
Kiran, Nati e Yara leron na biblioteca o conto titulado: A CASA DO ARCO DA VELLA.
Hai noites na que Xan non ten ganas de durmir e dedícase a soñar...pecha un pouquiño os ollos como se estivese verdadeiramente durmindo, pero o que fai é imaxinar soños.
Moitas grazas aos lectores que coa vosa presenza enchestes de alegría aos lectores.
Hai noites na que Xan non ten ganas de durmir e dedícase a soñar...pecha un pouquiño os ollos como se estivese verdadeiramente durmindo, pero o que fai é imaxinar soños.
Parabéns aos tres porque fixéstelo moi ben.
16/04/15
ABRIL...LIBROS
Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia, celebran o DÍA MUNDIAL DO LIBRO, coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora, María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias evocadoras de aventuras e viaxes.
Para comezar a saborear...
Xa o vimos o curso pasado, o que pasa é que é tan bonito...!!! que repetimos.
13/04/15
CROCO, unha historia chea de musicalidade e cor
Croco, a pesar de que aínda é pequeno, reflicte certa madurez porque é quen de afrontar as súas necesidades e trata de actuar con independencia.
Croco morría de fame, pero mamá crocodila tiña que vixiar o niño. No niño había un ovo e no ovo… un irmán. Croco marchou disposto a cazar só, pero aínda era algo pequeno e non estaba afeito a ter que buscar a súa merenda.
O ciclo da vida, o crecemento e o nacemento dun irmán supón para el enfrontarse a novas esixencias e dalgún xeito, esta nova situación fará que rompa con certos vínculos familiares e gañe autonomía. En calquera caso, o nacemento dun irmán é algo fermoso que supón máis vantaxes que inconvenientes. Por iso, os temores do pequeno quedan totalmente diluídos cando entende que non precisa rivalizar polo afecto.
Unha historia sinxela, narrada con musicalidade e recreada con ilustracións tenras e coloristas. Unhas imaxes cómplices que permiten que nos acheguemos aos sentimentos e emocións do protagonista.

Texto de Roberto Aliaga
08/04/15
YO NO SOY TRAPACERO, YO NO SOY TRAPACERA
UNHA DEFINICIÓN DISCRIMINATORIA XENERA DISCRIMINACIÓN.
Esta campaña lembra tamén outra relacionada coa palabra RURAL.
Este adxectivo hai uns anos, tiña dúas acepcións no DICCIONARIO DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (DRAE):
1. pertencente ou relativo á vida no campo e aos seus labores
2. inculto, rudo, apegado a cousas paisanas.
Pola contra, o termo URBANO, definíase, nunha das súas acepcións, como "cortés, atento, de bo
modo".
A RAE enmendou o significado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)