22/10/10

COMEZAMOS A LECTURA EN VOZ ALTA!

Un ano máis comezamos a "tempada" de lectura en voz alta. Xa imos polo 4º ano e segue a ter o mesmo éxito de sempre. Son moitos xa os nenos e nenas que solicitaron participar nesta actividade. Temos o calendario completo para todo o primeiro trimestre! Tede un pouquiño de paciencia e mentres esperades podedes disfrutar tamén asistindo como público e ademais así seguro que colledes boas ideas.
Hoxe foron Ainhoa, Cristian e Laura de 4º curso os que nos fixeron disfrutar coa lectura de "Amores de gato e rato". Como xa vén sendo habitual tamén trouxeron debuxos feitos por eles dos personaxes do conto. A semana que vén máis!



Por certo, que andamos moi atarefados polo centro porque o alumnado de terceiro ciclo anda a preparar a súa participación no I Concurso de Lectura en Voz Alta. O martes celebramos no cole a primeira fase. Estade atentos!

4 comentarios:

  1. Ola!Son Laura de 4º.Espero que vos gustara esta lectura.A ver se vos animades!

    ResponderEliminar
  2. marcela 4º30/10/10, 10:15

    laura so ti puseches un comentario =)jajajaj aunq a lectura mou moito ¿aque ye tocara esta semana?

    ResponderEliminar
  3. marcela 4º30/10/10, 10:17

    equivoqueime mellor dito ¿aquen lle tocara esta semana?agora si

    ResponderEliminar
  4. Nena misteriosa.30/10/10, 14:49

    Ola!!!

    Son a nena misteriosa.
    E veño facer un comentario.
    Eu digo que facerono bastante ven
    pero Ainhoa al leer lia un pouco
    cantando e Laura tamen, encambio
    Cristian leeu ca voz un pouco ronca
    pero, aver quen lee o proximo día...
    Bueno moitos besos pa todos e moitos abrazos.
    A nena misteriosa.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!