02/03/11

E chegou o Entroido!


Xa está o colexio metido de cheo na festa do Entroido. Estes días non se para! Polo de agora todo o alumnado e o profesorado anda a participar no xogo do Mandadiño, xa sabedes, cada día temos que estar pendentes dos carteis que anuncian o que hai que traer ao día seguinte. Hoxe xa chegamos todos con gafas de buceo, xoguete de praia e gorro de baño... Que teremos que traer mañá? Acabo de mirar ao noso buzo e tócanos algo para flotar! Como vedes todo está relacionado co tema da auga, o tema do noso proxecto de biblioteca. E vaia pintas que temos todos!
Preparádevos para o venres, día no que ademais de vir todos disfrazados da casa (estou desexando vervos!) temos unha xornada moi especial; toda a mañá estaremos rotando polos distintos obradoiros que están organizados: alimentar á balea, taller de fotos, cruzar o río, papiroflexia, pesca con cana, pompas de xabrón. Cando rematemos participaremos nun desfile e comeremos unha chea de doces que aportarán as familias. A ANPA tamén aportará uns zumes. Pero non todo vai ser festa! Para que tamén aprendades moitas cousas sobre o entroido en Galicia aquí vos deixo un enlace da coordinadora galega con moitísimas actividades: xogos, cazas do tesouro, vídeos...
QUE O DISFRUTEDES!


1 comentario:

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!