30/10/12
MANUALIDADES DE MEEEEEDOOOO!
UNHA RECEITA APETITOSA PARA O SAMAÍN
Ingredientes:
- 1 bote pequeno de Leche Condensada
- 400 gr de cabaza
- zume de 2 laranxas e ralladura
- 2 iogures desnatados
- canela
- 100 gr de azucre
- 14 galletas integrais con mel
- 50 gr manteiga
Acaramelamos a cabaza con azucre.
Trituramos as galletas de mel cun pouco de manteiga para a base da torta e a secamos no forno durante 10' a 180ºC no forno.
Preparamos o recheo, triturantdo a cabaza acaramelada co Leite Condensado , os iogures, o zume, a canela e a xelatina xa disolta.
Vertemos esta preparación na base de galletas xa cocida e deixámolo arrefriar no refrixerador, unhas 3 horas ata que estea callada.
.gif)
![]() |
Semana do Samaín.
Festa do SAMAÍN ...CINE NO COLE
A biblioteca Xanela anuncia...
LUCES, CAMARA, ACCIOOOON!!!!
mércores, 31 de outubro:
Estas películas son adaptacións cinematógraficas de LIBROS. Por exemplo, ONDE VIVEN OS MONSTROS, é unha adaptación do conto infantil escrito por Maurice Sendak alá pola década dos anos sesenta.
.

LUCES, CAMARA, ACCIOOOON!!!!
mércores, 31 de outubro:
Cine para todos os
públicos en distintas salas:
A SALA DISNEY, acollerá aos alumnos de educación infantil e nela proxectarase a película MONSTROS S.A.
A SALA CHARLOT, acollerá aos alumnos do primeiro ciclo e nela proxectarase a película ¿DÓNDE VIVEN LOS MONSTRUOS?
A SALA CHARLOT, acollerá aos alumnos do primeiro ciclo e nela proxectarase a película ¿DÓNDE VIVEN LOS MONSTRUOS?
A SALA HITCHCOCK , será para os alumnos do segundo ciclo e nela proxectarase a película EL PEQUEÑO VAMIPIRO.
Finalmente, na SALA HERMANOS MARX, a película será LA MALDICIÓN DE LAS BRUJAS e será para o público máis maior do cole, os do terceiro ciclo.

![]() |
DESTA PELI FIXERON UN LIBRO CO MESMO TÍTULO... DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES A TOPE!!!E FELIZ SAMAÍN!!! |
.
CHUZOS DE PUNTA

Este venres a Xanela sorprendeunos cunha lectura acompañada de títeres...nin máis nin menos que o Señor Manolo e unha princesiña...tivemos moito, moito público e pasámolo de marabilla escoitando a tres veteranas na lectura en voz alta, Alba Morán, Raquel e Susi...que rían moito ao tempo que contaban a historia... Grazas a colaboración de Eli, Diana e Fabi, que lle deron vida ás marionetas.
A presentación da lectura fíxoa Roberto, axudante da Biblioteca Xanela.
24/10/12
HOMIÑO DE MAZAPÁN

dous figos de ollos, unha noz de nariz e na boca un sorriso de marmelada de amoras. Meteuna no forno e cando o abriu saíu correndo un pequeno home de mazapán para o xardín. Detrás del foron os dous anciáns para intentar alcanzalo. Na súa fuxida, unha vaca e logo un cabalo, ao velo pasar, pensaron en comelo, polo que tamén se uniron á persecución.Ao chegar a un río, e para librarse dos seus perseguidores, aceptou a axuda da raposa, que se ofreceu a levalo á outra beira. Para que non caese, díxolle que se colocase nas súas costas, logo nas orellas e a continuación no fociño... ata que acabou zampándo.
Esta lectura fixérona tres rapazas de 6º, Ainhoa, Laura e Ana.
Ana é a primeira vez que le na biblioteca Xanela e o certo é que o fixeron moi ben e tiveron moito público.
07/10/12
PROXECTO DA BIBLIOTECA XANELA PARA O CURSO 12-13
Quero presentarvos un vídeo no que ides atopar unha música que de seguro vos soa moito e vos fai sonar...moitos contos da nosa literatura foron levados ao cine por un director chamado Walt Disney, contos coma Brancaneves ou Pinocho...vos soan??
Este ano un novo tema de traballo...que será será???
Algúns de vós xa sabedes de qué vai...outros non...pois, o tema vai a ser O CINE.
A Lusca lle gustaría recibir no seu buzón de lecturas en voz alta da Biblioteca, unha notiña escrita por vós da película que máis vos gustou e por que...a ver cantos vos animades a escribir...igual hai sorpresa!!!
Este ano un novo tema de traballo...que será será???
Algúns de vós xa sabedes de qué vai...outros non...pois, o tema vai a ser O CINE.
A Lusca lle gustaría recibir no seu buzón de lecturas en voz alta da Biblioteca, unha notiña escrita por vós da película que máis vos gustou e por que...a ver cantos vos animades a escribir...igual hai sorpresa!!!
AXUNDANTES XANELA..,UN COMPROMISO E UN RETO
Este novo curso iniciámolo con moita ilusión e cunhas axudas inmellorables: os axudantes Xanela.
Todos eles fixeron unha SOLICITUDE por escrito, explicando as razóns polas que querían formar parte deste equipo tan importante para o bo funcionamento da biblioteca.
O equipo de biblioteca revisaría estas SOLICITUDES para admitir ou non aos candidatos.
O resultado da revisión destas solicitudes foi que todos os candidatos foron elexidos polo alto grao de interese, capacidade e motivación. Moitas felicidades e desexamos que o compromiso dure todo o curso.
Benvidos HODEI, AARON, CRISTINA, ALBA CAMPOS, GISELLE, PAULA, SARA, ROBERTO, ALBA MOSQUERA, RAQUEL, ANNA SCHMELZ , ANTONELA, ANDREA, DAVID TRASANCOS, ISMAEL, de 5º e SARAY e AINHOA TRASANCOS de 6º como novos e recentes axudantes! e benvidos tamén a LAURA, JENNY, JAIME, PATRICIA, como veteranos na biblioteca.
A todos vós, moitas grazas e adiante coa vosa colaboración!
05/10/12
A ÁRBORE DAS FOLLAS DIN A- 4
Oooola!!! Xa estamos de novo na Biblioteca Xanela...a miña casa!!! para empezar coas LECTURAS EN VOZ ALTA.
Fíxome moitíííííísima ILUSIÓN vervos a todos por eiquí...xa tiña ganas!!!!
Qué ben o fixeron Natalia, Laura, Eila e Daniela! e qué bonito o conto que leron
da árbore das follas DIN A-4
Fíxome moitíííííísima ILUSIÓN vervos a todos por eiquí...xa tiña ganas!!!!
Qué ben o fixeron Natalia, Laura, Eila e Daniela! e qué bonito o conto que leron
da árbore das follas DIN A-4
Deíxovos as fotos (fai clic nas palabras "as fotos") do "evento" xa que hoxe houbo moito, moito, pero que moito público. Ah, e xa sabedes, podedes facer comentarios no blogue. Un bico para tod@s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)