24/10/12

HOMIÑO DE MAZAPÁN

 O venres pasado, tivemos unha lectura titulada HOMIÑO DE MAZAPÁN.A autora deste conto se chama Raquel Méndez e as ilustracións son de Elia Manero. 
Este libro é da editorial Kalandraka e trata  dunha parella de avós que vivían sós. Un día, amasando, ela pensou en facer un homiño de mazapán. E fixo o cromo: con
  dous figos de ollos, unha noz de nariz e na boca un sorriso de marmelada de amoras. Meteuna no forno e cando o abriu saíu correndo un pequeno home de mazapán para o xardín. Detrás del foron os dous anciáns para intentar alcanzalo. Na súa fuxida, unha vaca e logo un cabalo, ao velo pasar, pensaron en comelo, polo que tamén se uniron á persecución.Ao chegar a un río, e para librarse dos seus perseguidores, aceptou a axuda da raposa, que se ofreceu a levalo á outra beira. Para que non caese, díxolle que se colocase nas súas costas, logo nas orellas e a continuación no fociño... ata que acabou zampándo.
Esta lectura fixérona  tres rapazas de , Ainhoa, Laura e Ana.
Ana é a primeira vez que le na biblioteca Xanela e o certo é que o fixeron moi ben e tiveron moito público.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!