24/02/13

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
 o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e así está recollido no calendario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esa foi a data do  nacemento de Rosalía de Castro hai xa 176 anos.  Está considerada como unha das figuras clave do Rexurdimento galego decimonónico.
Son tan importantes a súa figura e a súa obra que aínda na actualidade está a recibir unha ampla atención por parte da crítica e dos estudosos da literatura. Nas últimas décadas as súas creacións foron traducidas a diversos idiomas como o francés, o ruso, o alemán ou o xaponés.
A Asociación de Escritores de Lingua Galega conmemoran hoxe esta data con diversas actividades que podedes consultar no enlace.
Ademais hai que recordar que o 17 de maio deste ano, Día das Letras Galegas,  se cumpren 150 anos da publicación da súa obra "Cantares Gallegos". Así mesmo tamén se cumprirán 50 anos da conmemoración das Letras Galegas.
Non é a primeira vez que Rosalía protagoniza o noso blogue. Podedes ver entradas anteriores neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!