13/02/14

LA BELLA DURMIENTE

Música e literatura mesturadas...dúas artes xuntas que enchen os nosos sentidos...ver, escoitar, sentir!


Este xoves todos os nenos e nenas de primaria imos ao PALACIO DA ÓPERA a ver, escoitar e sentir un ballet titulado LA BELLA DURMIENTE, dun compositor ruso chamado  PYOTR ILICH TCHAIKOVSKY, que naceu en San Petesburgo  no 1840 e morreu en 1893. Algunha das súas obras máis fermosas e orixinais son os seus BALLETS: O CREBANOCES, (este fragmento pertence a danza da fada golosina)


o LAGO DOS CISNES, (este fragmento  é o pas de quatre)


e o que nós imos ver que é a BELA DURMINTE e o fragmento que vos deixo o coñecedes moi ben todos e todas...


Este ballet está baseado na historia da bela durminte do bosque do escritor francés CHARLES PERRAULT e no terceiro acto recréanse outros contos de Perrault como O GATO CON BOTAS, O PAXARO AZUL, A PRINCESA FIORINA, CARAPUCHINA VERMELLA...
 Para os que queirades saber máis dos seus contos clicade no seu nome e descubride máis...sobre Perrault






1 comentario:

  1. Uau! É precioso, encántame ver ballets que se basean nunha historia clásica, como neste caso.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!