27/02/15

EL TESORO DE QUICO

Vaia conincidencia!!! resulta que Sarah, unha das lectoras de hoxe, tamén ten un irmán que se chama KIKO e que estivo no cole xa vai algún tempo...




Como todos os vernes foron polas aulas para invitar aos nenos e nenas  ir á biblioteca Xanela para escoitalos.


Sarah,  Eila e de Lucía, de 5º, leron o conto titulado "EL TESORO DE QUICO" e fixérono moi, pero que moi ben.


Como colaboradores estiveron Iván, Laura e Carlos...moi simpáticos!!!



Quico está feliz porque é un día de festa e non ten que ir ao colexio. Pero non poderá xogar co seu veciño Felipe, porque este ten gripe. Entón, decide que xogará cos seus bonecos de trapo e co seu gato. Quico sae a xogar un anaco á rúa coa pantera e o tigre de trapo, e co seu gato. E así os catro xuntos van en busca dun tesouro. Pero Quico descubrirá cal é o seu auténtico tesouro, e sorprenderao. 
Nas súas  ilustracións está presente o humor, coa habitual mestría deUrberuaga, e os bonecos de trapo parecen cobrar vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!