29/05/15

A RÚA DA TIXOLA

Hoxe, venres 29, na biblioteca Xanela escoitamos a tres nenas de 4º: Nuria, Noelia e Candela que nos leron un conto titulado A RÚA DA TIXOLA. 

                                            



Este álbum que vén de publicar OQO, de Charo Pita e con ilustracións de Massimiliano di Lauro é ben bonito.
Un relato encadeado que nos guía por un camiño que ten ida e volta ata chegar ao comezo e comprender as bondades da lectura, conclusión final tras este percorrido imaxinario e divertido onde todo sucede porque hai unha causa anterior.
As complicacións vanse amañando grazas á amabilidade e bo facer da xente.
As ilustracións tamén son fantásticas pola súa orixinalidade e a súa viveza de cores que fai que mesmo o branco que serve de fondo teña unha música que tanxe ladaíñas ledas e adquira todo un ritmo redondo ... feliz.

Moitos parabéns ás lectoras que pechan o ciclo de lecturas en voz alta da biblioteca Xanela e moitas grazas tamén aos axudantes voluntarios da Xanela, xa que os nenos e nenas de 6º están de excursión e eles prestáronse voluntarios á axudar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!

Estamos de volta!

O curso 2018-2019 acaba de comezar e volve o blogue da biblioteca Xanela! Non deixes de visitarnos porque aquí atoparás: Recomendaci...