O curso está chegando ao seu fin e hoxe, despois do festival de fin de curso fixemos a entrega dos premios do VI certame literario da Xanela.
En Educación Infantil , participaron na categoría de ÁLBUM ILUSTRADO.
Os alumnos e alumnas de 6º de infantil participaron cun álbum titulado:
O LIBRO DOS AVÓS E DAS AVOAS.
En Educación Infantil , participaron na categoría de ÁLBUM ILUSTRADO.
Os alumnos e alumnas de 6º de infantil participaron cun álbum titulado:
O LIBRO DOS AVÓS E DAS AVOAS.
Na categoría de CONTO, en 1º, o premio é para ANTÓN CILLERO GARCÍA polo conto titulado DINOSAURIOS.
En 2º, o premio é para CARMELA CASÁS OTERO polo conto titulado OS DOUS PORTAIS MÁXICOS.
Na categoría de CÓMIC os premios foron para NOA PARDIÑAS UJEDA, co cómic OS SUPERAVÓS e MARTA SCHMELZ COLLADO, co cómic EMILIO COLLADO en 3º e 4º respectivamente.
Finalmente na categoría de TEATRO, o gañador en 5º é MARCOS MORADILLO SEBASTIÁN, pola obra titulada O REGALO DA AVOA. Na clase de 6º o gañador é DAVID BALSA LOSADA pola obra titulada A PEOR NAI DO MUNDO.
Podedes ler as súas obriñas clicando no VOCEIRO DE HÉRCULES.
Moitos parabéns e tamén moitas grazas a todos os nenos e nenas que participastes.
Unha mención especial para o conto titulado MI ABUELA ISABEL, escrito por Romi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aproveita esta xanela e cóntanos algo!