02/12/16

"A figueira de Pelostortos"

Leo, Enya, Helena, Xana e Elsa, de 3º de Primaria, foron os lectores da sesión de hoxe na biblioteca Xanela. Escolleron o título "A Figueira de Pelostortos" da autora Ana García Castaño e o ilustrador Mikel Mardones. Unha historia na que un home non quere compartir os seus figos con ninguén.

— Antes me leven as almas en pena 

que darvos un figo da miña figueira!

Se queredes saber como se soluciona este problema e nos fostes dos afortunados en escoitar a lectura, aínda estades a tempo, non tedes máis que pedir o libro en Xanela.


1 comentario:

  1. Aínda me lembro de ver a algunhas das rapazas en infantil! Qué bonito velas agora en 3º, participando nas lecturas en voz alta! E non sabedes como boto eu de menos as lecturas nos recreos de venres. Só participei nunha, e tanto nesa ocasión coma en todos os recreos nos que fun escoitar aos demais lectores, foi unha das actividades no cole que non esquecerei e das que máis disfrutei (ademais de todas as festas de Samaín, Nadal, Entroido...). Un saúdo a todos! :)

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!

Estamos de volta!

O curso 2018-2019 acaba de comezar e volve o blogue da biblioteca Xanela! Non deixes de visitarnos porque aquí atoparás: Recomendaci...