18/03/17

Xa chegou Valoriño!


Despois de varias semanas, por fin chegou... Valoriño xa está aquí!
Como recordaredes houbo un concurso no centro para escoller a mascota do proxecto deste curso, "Na procura de Valoriño". Entre os debuxos de todos os participantes o xurado tivo moi difícil escoller o gañador pero este foi o deseño de Javier Sánchez Silgado, de 5º de Primaria.
Xa no antroido tivemos ocasión de ver a Valoriño polo noso centro con motivo da festa de Entroido.
E agora, para que teñamos sempre presente o que realmente importa, Valoriño acaba de tomar forma e volume e xa nos acompaña na planta baixa.
Que vos parece a foto do artista ao lado da súa creación? Fantástico, verdade?

3 comentarios:

  1. Javier,felicidades por ganar de primero . Encima con estatua de honor , con todo detalle.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Susi, de 5º E.P. Javi, que vai na miña clase e se senta ao meu lado, gañou o concurso de como vai ser o aspcto de valoriño. E moi imaxinativo, o debuxo de Javi a min gustame moito...
    BIcos, Susi.

    ResponderEliminar
  3. ola, son Susi:
    Eu tamén participei pero non gañei...
    Non se me da moi ben debuxar...

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!