22/06/17

Faladoiro literario... e rematamos!

la conferencia de los animales-erich kastner-9788420464848
Hoxe,  na biblioteca Xanela, tivemos a última sesión de faladoiros literarios. Se o outro día falabamos de "A illa de todas as illas" hoxe estivemos a compartir opinións sobre "La conferencia de los animales" de Erich Kastner.
En realidade fixemos unha mini-tertulia porque o tempo xa non daba para máis, pero aínda así deunos tempo a comentar o fundamental. En xeral foi un libro que gustou, con sentido do humor e cunha temática interesante. Os animais, ante a incompetencia dos humanos para poñerse de acordo acordan tomar decisións drásticas para garantir a paz no mundo.
Tamén aproveitamos para comentar que nos pareceu esta actividade ao longo do curso e o balance é positivo. A lista de lectura estaba composta por seis títulos, mitade galego e mitade castelán, e houbo teatro, novela e poesía.
Os rapaces comentaron varias cousas: que descubriron novas posibilidades na lectura, que saíron das habituais, que se animaron máis a ler...
Deixade aquí as vosas opinións, por favor, terémolas en conta para cursos vindeiros.
E por últimos xa despedir este curso. Moitas grazas a todos pola vosa participación en Xanela!

9 comentarios:

  1. Carlos de 5º22/06/17, 13:23

    Gustoume moito a fábula "A conferencia dos animais". Recomendo que a leades , é moi bonita.

    ResponderEliminar
  2. lucia bedoya 5º22/06/17, 13:23

    A lectura da conferencia dos animales foi fantastica.Foi moi graciosa e divertida.Os recomendo ler este libro.

    ResponderEliminar
  3. Noa Villaverde 5º22/06/17, 13:26

    Eu asistín a esa tertulia e foi moi divertida. A parte que máis me gustou, foi cando dixemos a quen lle gustou e a quen non.
    Tamén tivemos un invitado VIP... UN ESCARAVELLO !!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Hola son Pau.Eu lin a Conferencia de los animales e está moi chula e divertida e os imbito que o leades.

    ResponderEliminar
  5. Ola, son Susi, de 5º, a clase que fixo a tertulia literaria da "Conferencia de los Animales"
    Este libro gustoume moito, e é moi divertido.
    Recomendoos lelo por que, vaiche gustar!!

    ResponderEliminar
  6. Hola son Pau.Eu lin a Conferencia de los animales e está moi chula e divertida e os imbito que o leades.

    ResponderEliminar
  7. Lucía Soto Sánchez22/06/17, 13:38

    A miña opinión é que non me gustou moito, tampouco o lin enteiro, pero as primeiras paxinas tampouco me gustaron. Cheguei a paxina 60.

    ResponderEliminar
  8. Lucía Soto Sánchez22/06/17, 13:39

    A miña opinión é que non me gustou moito, tampouco o lin enteiro, pero as primeiras paxinas tampouco me gustaron. Cheguei a paxina 60.

    ResponderEliminar
  9. Xiana Vázquez Mosquera22/06/17, 13:39

    A min gustoume ler libros obligatorios porque a min nunca se me ocurriria ler libros máis clásicos. Meu pai sempre me dixo que lera libros clásicos.E ao final estes libros a veces non che gustan,pero outras veces encántanche.Bueno bicos.....................Ah por certo FELIZ FIN DE CURSO.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!