05/06/17

Faladoiros literarios

Mostrando 20170605_113228.jpg
Hoxe tivemos outra dos nosos faladoiros literarios. Nesta ocasión falamos sobre "A illa de todas as illas" de Xabier P. Docampo. Estivemos lendo este libro nas últimas semanas e hoxe compartimos as nosas impresións sobre a novela, falamos dos personaxes, doutras illas..
Algúns comentaron que lles resultara unha lectura algo difícil pero aínda así descubriron novas posibilidades e a moitos entroulles curiosidade sobre outras lecturas ás que fai referencia o autor.
E a vindeira semana teremos con nós ao autor! Todo un luxo!
Quedouvos algo por comentar na tertulia? Aquí tedes unha fantástica xanela para facelo agora!

6 comentarios:

  1. Como me gusta isto dos faladoiros literarios!!. Parabens pola actividade!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, María! Aínda nos queda outra para a semana que vén!

      Eliminar
  2. pablo perez rodriguez16/06/17, 10:53

    gustoume moito!

    ResponderEliminar
  3. Carla Gómez 5º16/06/17, 11:03

    As tertulias literarias axúdanos a comprender mellor un conto é comentar cousas novas cos compañeiros.
    Invítovos a facelo na vosa cas.
    Este son os pasos:
    1º Comprade un conto unhas cantas persoas pero o mesmo conto.
    2º Empezádeo a ler e cando o rematedes...
    3º Comentádeo unha tarde todos xuntos. Se vos gustou ou non, que che gustou mais del etz...

    Espero que fagades. Ler e a vida. Read is the live.
    Bicos de Carla Gómez Iglesias 5º

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!