22/04/14

23 de Abril día do Libro.







POR QUÉ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO O 23 DE  ABRIL?


A orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían CERVANTES e SHAKESPEARE e tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores valorados, por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola comferencia xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural. 

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia
"A festra aberta ao ar vivivficador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta verturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser...  O libro!" 


PORT HARCOURT é a décimo cuarta cidade designada 

Capital Mundial do Librodespois de Madrid (2001), 

Alexandría (2002), Nova Delhi (2003), Amberes 

(2004), Montreal (2005), Turín (2006), 

Bogotá (2007), Ámsterdam (2008), 

Bayrut (2009), Liubliana (2010)

Bos Aires (2011), Ereván (2012) e Bangkok (2013).

















MAFALDA encabezará a celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO que é o 23 de abril, en PARÍS, onde a UNESCO organizará unha exposición sobre a "célebre nena pacifista e contestataria"








Estes son algúns dos carteis que se empregaron para 

anunciar este día tan sinalado.






















PARA LER E RELER.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!