A animación á lectura non é unha tarefa doada, non hai receitas máxicas que dean un resultado exacto e seguro.
Conseguir a afección lectora é unha tarefa lenta, de día a día, porque a lectura é un sentimentos que se transmite como todos os sentimentos: POUCO A POUCO e moitas veces por contaxio.
Ademáis, os factores que condicionan a lectura son moi variados: ás veces é a presenza de libros no ámbito familiar ou o exemplo de adultos lectores na familia e no ámbito máis cercano, outras veces é grazas a experiencias satisfactorias de lecturas na clase ou na Biblioteca ou a existencias de infraestructuras públicas que facilitan manter e ampliar o hábito de ler. Sen embargo, a concorrencia de todas estas circunstancias favorables non garante o éxito, xa que igualmente, un entusiasta lector poder xurdir nos ambientes máis desfavorables.
Este venres compartimos lecturas...e a imaxe fala por sí mesma.
Foi un día fantástico! Encantoume a experiencia de compartir un conto cos nenos pequenos de infantil. Ademais, era o meu cumpleanos e paseino moi ben, xa que tiven a sorte de que ese día celebraramos o día do libro.
ResponderEliminar