23/05/15

TITIRICIRCUS

Antón, Fernando e Anxo de 1º deleitáronnos cunha  lectura do conto de kalandraka, titulado: TITIRICIRCUS, que prepararon co seu esforzo durante os tempos de lectura do cole.

Os seus axudantes son Jacobo, Marcos, Manu e Brailín que son uns marabillosos monicrequeiros.  

É precioso ver a motivación que dende pequenos se lles inculca e a ilusión que amosan por vir a ler á Biblioteca Xanela que tantos momentos máxicos nos regala cada venres.

Aquí temos a lectura para que a poidades disfrutar !!!!





Na montaxe poderedes ver escenas da compañía TANXARINA

Titiricircus é o todoterreo da súa carteleira, con

máis de 900 representacións.

Contan a historia de dous vellos traballadores 

daquel circo que agora lembran, acompañados 

de monicreques de fíos, as vellas glorias do seu

pasado na pista



2 comentarios:

  1. Parabens!!!Aos lectores, aos actores e a montadora de este marabilloso video q nos vai permitir seguir desfrutando da maxia do Titiricircus.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Isi polo teu labor na biblioteca.
    Quedou moi chulo. A próxima vez levaremos monicreques en vez de peluches ;)).
    Un bico para todo o equipo.
    Marta

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!