25/11/12

PARA A IGUALDADE


O domingo 25 de Novembro celebrouse o día da eliminación da violencia de xénero. No cole os alumn@s de 2º ciclo tivemos unhas sesións nas que Esperanza falounos  deste tema e traballamos aspectos de interese, sobre todo comprobar que somos iguais nas nosas capacidades aínda que tamén somos diferentes, porque uns somos nenos e outros nenas.
A Xanela quere deixarvos algunhas recomendacións de lecturas para vós sobre este tema:
ARTURO E CLEMENTINA: Arturo e Clementina namóranse perdidamente e deciden compartir as súas vidas. Ao principio todo é estupendo, pero pouco a pouco, nas ausencias de Arturo, Clementina sente que se aburre e que necesita facer algo máis que esperar soa na casa. Arturo bota por terra todos os intentos de realización de Clementina, para que vai pintar ou cantar, se todo o fai mal. A cambio, e para que non se queixe, vaille entregando regalos, enchéndolle a cuncha dun montón de obxectos que non a fan feliz, senón que oprímena e impídenlle ser libre.


"Rosa Caramelo", é a historia dunha elefantita. Unha elefantita que non encaixa na súa sociedade por non ser suficientemente suave, nin rosa, nin feminina.Os seus pais están enfadados, convencidos de que a elefantita non se esforza o suficiente en ser como as demais. A protagonista inténtao con todas
as súas forzas, deixando niso a súa alegría, ata que un día comprende que ela non naceu para ser rosa. E a pesar do que a súa familia e sociedade opinan, ela decide deixar de vivir encerrada co resto de elefantitas, e correr libre e xogar cos elefantitos machos da súa manda.

Hay algo más aburrido que una princesa rosa?
Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... Non quería bicar sapos para ver se eran príncipes azuis. Non quería príncipes azuis. Carlota sempre se preguntaba por que non había princesas que sucasen os mares en busca de aventuras. Ou princesas que rescatasen os príncipes das poutas dun lobo feroz. Ou princesas que cazasen dragóns ou voasen en globo.


Nesta historia, uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!