16/11/12

Venres de magosto e de piola,trompo,buxaina...

MANIFESTO DÍA DO PEÓN 2012
Canto para bailar o peón

Espile, rapaz, chegou o tempo:
do seu adurmiño
esperta o brinquedo.
Corre, rapaza, vai ao faiado
lonxe quedou
o San Amaro.
Espreguiza, rapaz, toca xogar
a túa habelencia
ven amosar.
Bule, rapaza, o xogo é sinxelo
na cunca da man
acubilla o enredo.
Axiña, rapaz, envolve o peón
viste a buxaina
da capa ao ferrón.
Vamos, rapaza, arrólalle a corda
ponlle a baraza
envolve a piola.
Adiante, rapaz, xa é o tempo
ergue esa brazo
moi preto do ceo.
Sen presa, rapaza, contén o alento
baila ese trompo
lánzao con tento.
Imos, rapaz, báilao a xeito
unha volta tras outra
que xire un bo treito.
Dálle, rapaza, xa é San Martiño
o teu peón
lanza ao camiño!
Agustín Agra. Noia, Novembro de 2012
Se queres saber máis
prema eiquí  e irás directamente ao enlace de BRINQUEDIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!