
Queremos deixar as BASES polas que se rexirá o concurso.
Moitos ánimos e a PARTICIPAR!!!
CONVOCATORIA 12/13
ILUSTRADO, para EDUCACIÓN INFANTIL, NARRATIVA para o PRIMEIRO CICLO, BANDA
DESEÑADADA para o SEGUNDO CICLO e TEATRO para o TERCEIRO CICLO e unha categoría especial.
Os
premios XANELA teñen por obxecto distinguir as obras dos autores do colexio
Sanjurjo de Carricarte, escritas en lingua GALEGA.
O
equipo de Biblioteca, xunto co de Normalización Lingüística resolven:
·
PRIMEIRO:
-Os
premios nas modalidades de album ilustrado, narrativa, banda deseñada e teatro
correspondentes ao curso 2012/2013, distinguirán as mellores obras entregadas
de cada un dos xéneros.
-Os
traballos serán libres, pódense incluir ilustracións, poden ser escritos a man
ou feitos en word...
-A
primeira fase de selección correrá a cargo das titoras, que
entregarán ao xurado como máximo catro traballos.
·
SEGUNDO:
-Os
premios en cada modalidade terán un agasallo que percibirán @s autores das
obras e poderán ser declarados desertos.
-Quedan
excluídos aqueles traballos que non estean ben presentados e non se axusten ás
normas do concurso que cada titora explicará nas aulas.
Para
a concesión dos premios constituirase un Xurado, cuxa composición será a que
segue:
-Isi: Coordinadora
de Biblioteca
-Maite Otero: Coordinadora
de Normalización Ling.
-Raquel: Coordinadora
de EACE
-Manuel: Coordinador
de Tics
· CUARTO:
Será
competencia do Xurado:
-A
valoración das obras e o fallo dos Premios. O xurado valorará a creatividade
das obras, a preocupación pola linguaxe, a orixinalidade e a expresión
literaria e plástica.
O
prazo de entrega dos traballos remata o 24 DE MAIO do presente
ano. Aquelas persoas que o presenten fora de plazo non poderán participar no
mesmo.
A presente resolución entra en vigor o mesmo día da súa publicación no blogue da Xanela e a Web do colexio.
A Coruña, 29 de Abril de 2013