23/04/13

cine na Xanela : PIPI Calzasalgas.

Toda esta semana a BIBLIOTECA XANELA abre como cada día as súas portas para ver "cine". Proxectamos películas que saíron directamente dun LIBRO.



Hoxe disfrutamos dun capítulo de "PIPI CALZASLARGAS".
A maioría de nós coñecemos a este personaxe  pola tele e  a pecosa de pelo bermello máis libre e salvaxe sempre será a inimitable Inger Nilsson, aínda que o personaxe ten varios anos máis que a famosa serie e é que naceu nos libros a mediados dos anos 40. Hoxe queremos render unha homenaxe a un dos libros xuvenís máis intelixentes que se escribiron xamais.

A autora

O personaxe de Pippi Calzaslargas foi creado por Astrid Lindgren en 1941. A súa autora nacera en Suecia en 1907 e criouse felizmente nunha granxa con dúas irmás e un irmán. Empezou a escribir as historias de Pippi para regalarllas á súa filla cando cumprise 10 anos. Pronto empezou a cosechar as boas críticas e a simpatía co público máis novo e dedicouse a escribir libro.



O argumento

Orfa de nai e cun pai ausente (é un pirata rei) Pippi Calzaslargas vive soa na súa casa cun cabalo con lunares e un mono. Lonxe de vivir amargada,  invéntase un mundo á súa medida. Un mundo de fantasía onde todo é posible. Pronto coñece a Tommy e Annika que lle acompañarán nas súas aventuras. Un detalle a ter en conta é a enorme forza da moza de 9 anos, capaz de tombar a un adulto. Todo no seu mundo é extravagante, ata cando fai limpeza.

O trasfondo

O libro ten diversas lecturas como a maioría dos libros infantís. Por unha banda están as aventuras delirantes de Pippi, Tommy e Annika, a parte divertida e que engancha cos máis pequenos, e por outro o trasfondo social e psicolóxico da protagonista que chegou a ser acusado de cruel (por vivir soa), irresponsable e anarquista por facer sempre o que cría oportuno, algo que non sempre entendeu nin aceptou a crítica.

Pipi  é un libro intelixentísimo, cun humor poucas veces visto nun libro infantil e que pode ser degustado perfectamente por nenos como por adultos. Por suposto que non nos fará esquecer a serie coa que crecemos, pero descubriremos a unha Pippi con moitos matices e pasarémonolo/pasarémosnolo en grande.
 
 

 

 


1 comentario:

  1. Esta persoaxe, e refírome a Pippi Calzaslargas, é moi coñecida en alemaña, e alí se chama Pippi Langstrumpf. Alí é supercoñecidísima, a coñece todo o mundo.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!