05/04/13

a vella na botella

Jaime de 6º , hoxe 5 de Abril, abriu de novo as lecturas en voz alta deste terceiro trimestre coa lectura dun libro que se titula A VELLA NA BOTELLA.




Unha bruxa de pelo roxo, farta

das queixas da súa veciña, 

decide un día lanzarlle un 

meigallo terrible e encerrala 

nunha botella:



Carne de burro, carne de can,

que te leve o furacán!

Por sorte, unha fada do bosque libera a vella do seu encerro e cúmprelle o seu desexo: vivir nunha casiña con horta, vacas e galiñas; pero a desagradecida muller axiña se mostrará descontenta e aspirará a unha vida mellor.

Moitos parabéns para Jaime polo ben que o fixo!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!