23/12/22

Lista de desexos de Nadal

Aquí déixavos Lusca unhas recomendacións para pasar unhas vacacións moi emocionantes con lecturas divertidas, aventuras e moita fantasía. Engadídeo á vosa lista de desexos. Felices vacacións e vémonos á volta en Biblioxanela.

07/04/22

XUNTAS CONTAMOS - NOVO PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO

Voltamos cun novo capítulo arredor de mulleres especiais para nós. Mulleres que nos inspiran, nos empoderan e nos dan azos para seguir loitando xuntas neste camiño cara a igualdade. Dalle a play e goza de reflexións sobre igualdade, entrevistas a mulleres excepcionais, e unha chea de música de grandes artistas que nos emocionan con cada nota. Ademais das que nos falan desde 5º EP, ao longo deste programa podemos escoitar a: Caamaño e Ameixeiras, A banda da Balbina, Sés, Habelas Hainas, Acordeireta, Uxía, Su Garrido e Tanxugueiras.

21/02/22

De novo nas ondas

Aquí estamos con outra novidade. Desta vez traemos quentiño un novo programa de radio.A rapazada cóntanos algunhas das actividades coas que máis gozamos no que vai de curso. De Mitos e Lendas á Nosa Hortiña que queremos tanto...Chega un programa divertido no que non falta a música, os contos, e sobre todo a ilusión. 📻

Esperamos que vos guste.

Música empregada neste episodio:O Rabelo,Xabier Díaz, Caamaño e Ameixeiras e Fuxan os Ventos.

20/12/21

Recomendacións de lecturas para o Nadal

Estas son as recomendacións de lectura para este Nadal ou ben suxerencias para as vosas listas de desexos.

Agardamos que sexan do voso agrado!















22/06/21

Recomendacións de lecturas veraniegas

 A Biblio Xanela despídese por este curso cunhas suxerencias para seguir lendo durante as vacacións.





Bo verán a todos! 

P.D: As Bibliotecas Municipais tamén fixeron unha pequena guía con ideas para todas as idades e gustos.

https://drive.google.com/file/d/1l6PkoiBt_ScjoeeaBWi3-YubvT_cjrpR/view?usp=sharing

Xa están aquí as curtas de 6º!


Este ano temos o dobre de curtas para ofrecervos porque tanto 6ºA coma en 6ºB empregáronse a fondo e crearon dúas historias de cero cheas de creatividade e boas ideas.

FUTURO B

AMONG BULLIES (Entre abusóns)


Foron meses de moito traballo pero agardamos que os desfrutades tanto como nos desfrutamos facéndoos.