23/12/22

Lista de desexos de Nadal

Aquí déixavos Lusca unhas recomendacións para pasar unhas vacacións moi emocionantes con lecturas divertidas, aventuras e moita fantasía. Engadídeo á vosa lista de desexos. Felices vacacións e vémonos á volta en Biblioxanela.

07/04/22

XUNTAS CONTAMOS - NOVO PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO

Voltamos cun novo capítulo arredor de mulleres especiais para nós. Mulleres que nos inspiran, nos empoderan e nos dan azos para seguir loitando xuntas neste camiño cara a igualdade. Dalle a play e goza de reflexións sobre igualdade, entrevistas a mulleres excepcionais, e unha chea de música de grandes artistas que nos emocionan con cada nota. Ademais das que nos falan desde 5º EP, ao longo deste programa podemos escoitar a: Caamaño e Ameixeiras, A banda da Balbina, Sés, Habelas Hainas, Acordeireta, Uxía, Su Garrido e Tanxugueiras.

21/02/22

De novo nas ondas

Aquí estamos con outra novidade. Desta vez traemos quentiño un novo programa de radio.A rapazada cóntanos algunhas das actividades coas que máis gozamos no que vai de curso. De Mitos e Lendas á Nosa Hortiña que queremos tanto...Chega un programa divertido no que non falta a música, os contos, e sobre todo a ilusión. 📻

Esperamos que vos guste.

Música empregada neste episodio:O Rabelo,Xabier Díaz, Caamaño e Ameixeiras e Fuxan os Ventos.