O pasado 20 de xaneiro fallouse o premio do Certame "Falamos" promovido polo Servicio de Normalización Lingüística de A Coruña en colaboración coa AS-PG (Asociación Socio-pedagóxica Galega).O primeiro premio correspondeulle ao noso centro gracias ao proxecto presentado polo noso Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, coordinado pola mestra Maite Otero Fernández.
Neste proxecto destacan algunhas actividades encamiñadas a crear espazos físicos para o uso do galego dun xeito natural e espontáneo e aumentar así a competencia lingüística do noso alumnado. Unha das actividades que máis chamou a atención do xurado foi "Fiadeiros" que se desenvolverá unha vez ao mes, no tempo de recreo, na biblioteca do centro e que consiste en que un grupo de nenos e nenas de diferentes niveis falen espontáneamente de diversos temas propostos por unha mestra que fará de moderadora.
A entrega de premios terá lugar no Concello, o vindeiro 3 de febreiro ás sete da tarde e poden asistir todos aqueles pais e nais que así o desexen. Farase unha pequena demostración da actividade "Fiadeiros".
O segundo e terceiro premios correspondéronlle ao CEIP Mª Pita e o CEIP Manuel Murguía respectivamente. Parabéns para todos eles!
29/01/10
15/01/10
Lectura en voz alta
Hoxe comezamos na Biblioteca a nova etapa da lectura en voz alta. Tedes unha cita todos os venres á hora do recreo na Biblio! Cada semana haberá lectores e público voluntario para compartir unha chea de historias, vivencias, emocións, risas...
Hoxe inauguraron a actividade catro rapazas de 5º. Foron Nati, Vicky, Noemi e Yérica as lectoras dun conto precioso, "Cal é a miña cor?" de Antoine Guilloppé editado por Xerais. Fixéronno realmente ben!
E xa sabedes, todos podedes ser lectores e/ou público desta actividade. Só tedes que falar coa vosa titora e ela diravos o que tedes que facer.
Aquí vos deixo unhas fotos da actividade
Hoxe inauguraron a actividade catro rapazas de 5º. Foron Nati, Vicky, Noemi e Yérica as lectoras dun conto precioso, "Cal é a miña cor?" de Antoine Guilloppé editado por Xerais. Fixéronno realmente ben!
E xa sabedes, todos podedes ser lectores e/ou público desta actividade. Só tedes que falar coa vosa titora e ela diravos o que tedes que facer.
Aquí vos deixo unhas fotos da actividade
12/01/10
Parabéns, Moncho!
Benvid@s tod@s outra vez ao colexio! Empezamos o novo ano cunha noticia aínda de Nadal. Moncho, de 3º curso, foi o gañador do concurso de postais de Nadal convocado polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello. Alí estivemos para acompañalo na entrega de premios e aquí vos deixo unhas fotos.
Parabéns, Moncho!
Parabéns, Moncho!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKhuKXY1YqjbVmSg5VtJUH5FDgKE3pqfmJq_RKD5EkHhbRa4OqjAJ6EgmdY8Y4U3T6IzQ6Qm2O-wSEwLAUEwb4_9cBrD1XGhyQNnCefYl7bBmOPuHcwvoF_cpZzrbwWAhY7e8H-C54bb0/s320/01.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjUFqNpB98Ymh3gIXIWlUysCSTK7gfhH1s8CUbOCfCQ0IjyJmOQ5wDqKcDrhjcHqi69kXMwDLctxftensahj3IFE6iNluY-3w-adfALFJJ7KHBNQgyOu2_1pAzPnTJc_z3P-2wKepvg3n8/s320/10.jpg)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)