30/03/14

VELLIÑAS

Este venres na Xanela, a lectura estivo a cargo de Noa, Xiana, Carmen, Lucía e Gloria de 2º. 

Gloria, moi amablemente sustituíu a Michelle que estaba enfermiña. Dende eiquí moitos bicos. 
Parabéns ás lectoras que o fixeron de marabilla.


Antea e Filipa son dúas velliñas humildes que comparten todo, aínda que o seu todo sexa case nada: sopa de auga de luns a sábado e un fideo a medias os domingos. Pero son felices ao contar coa súa maior riqueza: o afecto dunha pola outra.
 
Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas que parecen imposibles polas persoas que queremos, e que paga a pena chegar a vellos, pero moi vellos, para gozar canda elas dos grandes praceres —un gran banquete— e dos pequenos —unha faba diminuta.
 
Charo Pita lémbranos que a idade é un regalo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é como unha árbore milenaria. O seu tronco groso florece cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día, do carpe diem.
 
Velliñas é un relato de renacemento na vellez, con elementos máxicos propios dos contos tradicionais, onde o coidado, a paciencia, a imaxinación e a valentía transforman a rutina de dúas mulleres maiores que se queren cunha alegría e unha forza, capaces de venceren calquera contratempo.
 
Fátima Afonso regálanos neste álbum unha mostra, contida pero eficaz, da súa demostrada capacidade para xerar imaxes de marcado carácter narrativo. As puntuais contraposicións de texto-imaxe obrigan o lector a resolver algúns problemas de distanciamento, pero respectan en todo momento a función narrativa do discurso plástico.
 
A ilustradora lusa propón unha xenerosa serie de planos medios para despregar un discurso dominado sobre todo polos acrílicos, con imaxes repletas de suxestivos detalles narrativos, o que permite gozar dunha lectura demorada e profunda.
 
Texto de Charo Pita 
Ilustracións de Fátima Afonso

24/03/14

día da poesía

O 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA.

No colexio celebramos esta data como a entrada da Primavera, con ilusión e moita ledicia.

Compartimos poesía polos cursos:

Os de 1º e 2º adicaron  HAIKUS preciosos da primavera para agasallar aos de 4º e 5º.

Os de compartiron unha poesía moi divertida na que imaxinaban "se fosen un animal" para os de 6º.

Os alumnos de agasallaron uns poemas preciosos do universo que nos rodea: sol, lúa, estrelas, arco da vella para os de .

Os de compuxeron un poema cheo de imaxinación que ofreceron aos rapaces de 2º.

Os de , os maiores, recitaron para os de .

Se queres ver algo do que fixemos preme eiquí




DECÁLOGO DE COMO NON LER UN POEMA



NO LEEMOS Y ESCRIBIMOS POESÍA PORQUE ES BONITA,
LEEMOS Y ESCRIBIMOS POESÍA PORQUE PERTENECEMOS A LA RAZA HUMANA
Y LA RAZA HUMANA ESTÁ LLENA DE PASIÓN.
LA MEDICINA, EL DERECHO, EL COMERCIO, LA INGENIERÍA, SON CARRERAS NOBLES PARA DIGNIFICAR LA VIDA, PERO LA POESÍA, LA BELLEZA, EL ROMANTICISMO, EL AMOR... SON LAS COSAS QUE NOS MANTIENEN VIVOS...
CITANDO A WHITMAN...

OH, MI YO! ¡OH VIDA! DE SUS PREGUNTAS QUE VUELVEN
DEL DESFILE INTERMINABLE DE LOS DESLEALES, DE LAS 
CIUDADES LLENAS DE NECIOS,
DE MÍ MISMO, QUE ME REPROCHO SIEMPRE (PUES,
QUIÉN ES MÁS NECIO QUE YO, NI MÁS DESLEAL?)
DE LOS OJOS QUE EN VANO ANSÍAN LA LUZ, DE LOS OBJETOS
DESPRECIABLES, DE LA LUCHA SIEMPRE RENOVADA,
DE LOS MALOS RESULTADOS DE TODO, DE LAS MULTITUDES
AFANOSAS Y SÓRDIDAS QUE ME RODEAN,
DE LOS AÑOS VACÍOS E INÚTILES DE LOS DEMÁS, YO ENTRELAZADO CON LOS DEMÁS, LA PREGUNTA, !OH MI YO!, LA PREGUNTA TRISTE QUE VUELVE- ¿QUÉ DE BUENO HAY EN MEDIO DE ESTAS COSAS, OH, MI YO, OH MI VIDA?
RESPUESTA
QUE ESTÁS AQUÍ- QUE EXISTE LA VIDA Y LA IDENTIDAD,
QUE PROSIGUE EL PODEROSO DRAMA, Y QUE 
PUEDES CONTRIBUIR CON UN VERSO.
WALT WHITMAN




22/03/14

o apalpador

A LECURA EN VOZ ALTA DESTE VENRES ESTIVO A CARGO DE TRES NENAS DE 3º: Marta, Sofi e Martha.
Estaban moi ilusionadas e leron moi ben. Para saber máis preme na portada do conto.

 Moitos parabéns para Marta, Sofi e Martha pola lectura.

15/03/14

A VACA QUE PUXO UN OVO

ESTE VENRES, 14 DE MARZO, NA XANELA, BREIXO, EL SOÍÑO, LEUNOS O CONTO TITULADO A VACA QUE PUXO UN OVO.

A VERDADE É QUE NOS INTRIGABA ISO DE QUE UNHA VACA PUIDESE POÑER UN OVO, PORQUE OS MAMÍFEROS NON POÑEN OVOS, NACEN DO VENTRE MATERNO.
BREIXO LEU CON MOITA GRAZA E VALENTÍA!

TEMOS QUE DAR AS GRAZAS ÁS COLABORADORAS DE 5º NA CREACIÓN DO PRECIOSO CARTEL ANUNCIADOR QUE PODEDES VER NAS FOTOS E QUE DURANTE A SEMANA ESTIVO COLGADO NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DAS LECTURAS EN VOZ ALTA DA XANELA.
MOITOS PARABÉNS E A SEGUIR CON ESTE
ÁNIMO!!!


CHIBOS, CHIBÓNS.


O VENRES 7 DE MARZO LERON NA XANELA TRES NENAS DE SEGUNDO: NOA PARDIÑAS, CARMEN E SUSI O CONTO TITULADO CHIBOS, CHIBÓNS

FIXÉRONO DE MARABILLA E RIMOS MOITO COS TRES CHIBOS E O FEO OGRO.

AQUÍ PODEDES ESCOITALO NA VERSIÓN EN CASTELÁN.


CARMEN, SUSI E NOA LENDO O CONTO DE kalandraka...PARABÉNS!!!!





08/03/14

día internacional da muller

mira o vídeo que GOOGLE adica ás mulleres... XANELA TEN NOME DE MULLER...




Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, e dende a Xanela pensamos en aquelas mulleres que teñen relación co UNIVERSO.


Podemos coñecer...





  mulleres astronautas