26/12/13

Visita de Papá Noel.

O último día tivemos unha gran sorpresa: chegou Papá Noel, acompañado de tres trasniños con moita música.


Estivemos os nenos e nenas de infantil, de 1º e de 2º e poidemos deixar todas as nosas cartas...seguro que onte moitos xa recibíchedes o que lle pediades nelas.
Pois aquí quedan as fotos dese momento tan especial para eles e tamén para nós.



Traballiños de Nadal

Nestas datas  tod@s @s nen@s teñen desexos de decorar o cole con diferentes motivos...dende os máis pequeniños ata os maiores...pois unha mostra deles quedan eiquí.




20/12/13

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

Moitas grazas polas felicitacións recibidas polo tríptico sobre as recomendacións das lecturas para o Nadal.




Desexamos  que disfrutedes delas.
Para mais información deixamos unha presentación onde podemos afondar no contido dos diferentes libros.





 

Aproveitamos para desexarvos un feliz Nadal e un próspero ano 2014 no que sexan cales sexan as circunstacias, vivamos con ilusión e sigamos con ganas de APRENDER.
Un abrazo dende este lugar máxico, chamado XANELA.

17/12/13

audiolibro do principiño








O APALPADOR

O APALPADOR...


É un home grande, groso, barbudo e chega nas noites de Nadal e Fin de Ano. Pero non é Santa Claus ou Papa Noel. Tampouco ten nada que ver cos Reis Magos, aínda que todos eles comparten un fin común: alegrar os máis pequenos da casa. O 'Apalpador' é unha figura mítica das montañas do oriente galego.



O 'Apalpador' vive na montaña, dedicado a facer carbón. É un xigante que usa boina, unha chaqueta vella e remendada, fuma en pipa e aliméntase con bagas salvaxes e da carne de xabaril que caza no monte. Esa é máis ou menos a imaxe que teñen del os máis vellos das bisbarras do Cebreiro, Courel, Louzara e, mesmo, Ancares, que recordan as historias que lles contaban os seus avós.

 Segundo a tradición, o 'Apalpador' baixaba aos vales para "palpar" a barriga dos máis pequenos e deixarlles castañas en caso de que estivesen moi fracos.
VARIOS CONTOS PARA ESCOITAR E VER.



SE QUEREDES INVESTIGAR UN POUQUIÑO MÁIS PODEDES FACER ESTE LIBRIÑO HOLMES...APRENDEREDES E TAMÉN VOS DIVERTIREDES...DE 6 A 8 ANOS.
http://issuu.com/ratomik/docs/ciclo1apalpador

NADAL LIM


http://www.chiscos.net/almacen/lim/nadal1/lim.swf?libro=nadal.lim
libro Lim do Nadal


XA CHEGA O NADAL



PREME NA IMAXE E ATOPARÁS UN MONTÓN DE RECURSOS da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística   PARA DISFRUTAR NO COLE OU NA TÚA CASA.

.http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php 


12/12/13

Un nadal de principiños

Xa estamos no Nadal e polo cole o ambiente xa se percibe.
Na Xanela hai moito movemento e temos unha proposta para reflexionar nestes días a partir dun libro moi especial O principiño.
Deixamos algún datos de interese:

O Principiño (en francés Le Petit Prince), publicado en 1943, é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova York. É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida.

Nas conversacións entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran.

A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo.

O Principiño foi traducido a 180 linguas e dialectos. Ata o momento, vendeu xa máis de 50 millóns de copias en todo o mundo e tornouse nunha serie de debuxos animados de 39 episodios. Moitas veces é empregado como lectura para os que comezan a estudar unha lingua estranxeira.
http://www.slideshare.net/red_escolar_esg1/el-principito-en-imgenes
 

NELSON MANDELA

"O pasado 5 de Decembro deixounos  en Johannesburgo e a idade de 95 anos NELSON MANDELA.O primeiro mandatario negro do país tiña á súa disposición un cóctel seductor e irresistible composto dun encanto infinito, nacido dunha inmensa seguridade en si mesmo, uns principios inflexibles, una visión estratéxica e un pragmatismo absoluto."
JOHN CARLIN. O PÁIS


Nelson Mandela naceu en 1918 en Sudáfrica, o país máis meridional do continente africano. Este home viu e fixo moitas cousas durante a súa longa vida, pero todo o mundo o coñece por pasar máis de vinte e sete anos en prisión por defender a igualdade entre negros e brancos no seu país. A esta reivindicación déuselle un nome, a loita contra o apartheid.Dende a Xanela queremos lembralo, e falamos dun libro: OS MEUS CONTOS AFRICANOS, nos que podemos imaxinar unas paixases exóticas,perigosas ou máxicas que percorren Áfricade norte a sur, en países como Marrocos ou pobos como os Nguni, Namaqualand ou os Xhosa. Os regalos do Rei León, Mmadipetsane, a Princesa das Nubes...son algún dos títulos dos contos que NELSON MANDELA recolle neste magnífico libro.
ediciones siruela




 

03/12/13

CARLA E MICHELLE NA XANELA

Moitos parabéns a Michelle e a Carla, de que leron o venres pasado, este conto titulado ANDRÉS CABEZ ABAJO" do que podes saber máis clicando no título e que te leva a páxina da editorial OQO  onde podes ler un pouco máis, si por algún motivo, foi imposible escoitar a estas dúas marabillosas nenas.
 
 
 
 

24/11/13

25 de novembro

25 de Novembro conmemora o brutal asasinato das irmáns Mirabal.
Para lembrar este feito poñemos un lazo de cor lila. Nesta presentación podemos coñecer máis as circunstancias que deron lugar a esta conmemoración.


22/11/13

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 25 DE NOVEMBRO

Un dos aliados imprescindibles para erradicar esta lacra é unha educación
baseada na igualdade e no respecto ao outro, desde idades moi temperás.

OQO súmase a esta tarefa cos álbums:

Colección O (de 3 a 7 anos)



































Colección Q (de 8 a 12 anos)
ZALGUM







Ovos duros

EL CAZO DE LORENZO

UNHA LECTURA MOI BONITA DUN LIBRO TITULADO "EL CAZO DE LORENZO" ADICADA A TODAS AS PERSONAS QUE SON DIFERENTES E AS QUE CONSIDERAMOS MARABILLOSAS.
LERON MOI BEN NATALIA E DANIELA, DE 4º, EXPERTAS NAS LECTURAS EN VOZ ALTA. PARABÉNS ÁS DÚAS.

13/11/13

NICOMEDES O PELADO


A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie. A grandes males, grandes remedios.
 Este é un breve resumo do conto que leron os nosos queridos nenos Kwayetcha e Adri de terceiro e que o fixeron moi moi ben.
Rímonos moito co Nicomedes.
Bonito conto de Kalandraka .
 
 
 

30/10/13

LECTURA NO SAMAÍN

AS TRECE EN PUNTO                    KALANDRAKA

Era arredor da media noite; as doce e cincuenta e nove, para ser exactos. O vento sopraba con forza e a vella casa cruxía e cruxía. A nena miraba pola ventá. Era unha noite tranquila e normal. Pero algo agardaba na casa, naquela casa tan especial. Tic, tac, tic, tac, tic...
Hoxe foron polas aulas uns rapaces de 6º para anunciarnos unha lectura para o recreo, titulada “as trece en punto” e aínda que o conto é para nenos a partires de 7 anos, como era o día de Samaín e no ambiente había misterio, viñeron moitos nenos dende  os de tres anos  ata os de doce anos… e según as axudantes XANELA, fomos un total de 92 nenos e nenas…uuuuuhhhhh, que medo!!!!

Antonela e Alba Mosquera leron  casi ás escuras o conto, cantamos a canción dos esqueletos e aplaudimos terroríficamente ao rematar.

Tres pantasmas traballaron na escena…Rober, David e Giselle.

Moitas felicidades e grazas pola vosa colaboración!!!!
 
 
 

29/10/13

CANCIÓNS DE MEDOOOOO

                

A NOSA FAVORITA

 
 



 

 

 

 

QUEN SE ATREVE

A BAILAR ESTE TWIST?


 

SAMAÍN

MOITAS ACTIVIDADES  CEIP VÍCTOR SÁENZ
QUÉ E O SAMAÍN?

ALGÚNS VIDEOS PARA O SAMAÍN

'A danza do Esqueleto'  é un curto animado das Silly Symphonies de Disney creado no ano 1929. Foi producido e tamén dirixido por Walt Disney. No curto, un grupo de esqueletos bailan e crean música nun tenebroso cemiterio; os esqueletos usan o sónido das árbores e dos animais para acompañar o seu baile. Foi ademais o primeiro da serie Silly Symphonies de Walt Disney. As notas musicais foron creadas por Carl Stalling, que logo crearía a música doutros curtos de Disney. Moita xente quedou impresionada con 'The Skeleton Dance' debido a que os personaxes non falaban. (Fonte: Wikipedia) 
 
 
'This Way Up’ CONTA AS VICISITUDES DE DOUS MEMBROS DUNHA FUNERARIA PARA PODER ENTERRAR O CORPO DUNHA CLIENTA. O QUE NUN PRINCIPIO LLES SUPÓN A PREGUIZA DE REALIZAR O MESMO TRABALLO DE SEMPRE, CONVÉRTESE NUNHA ODISEA INESPERADA. (Fonte: Fimaffinty)

 
 

 
Unha curtametraxe de animación sobre unha nena que visita a terra dos mortos, onde ela aprende o verdadeiro significado da festa mexicana, día dos Mortos.
 
 
 

DOUS CONTOS PARA O SAMAÍN

 

PACO TROLAS, POR SUSI, GLORIA E LUCÍA

Luci, Gloria e Susi, de 2º leron o conto titulado PACO TROLAS, e por certo!!! fixérono de marabilla.
O protagonista desta historia, fálanos de lobos, raposos, gatos...animais todos que viven na súa imaxinación. Pero como é ben sabido, os seres fantásticos son iso, fantásticos.
O autor é Roberto Aliaga e os debuxos son da italiana Simona Mulazzani e ocupan moito espazo no conto.
 

21/10/13

TEODORA, LA DRAGONA

Manuel, escritor e contacontos  escribe un conto titulado TEODORA A DRAGONA.
As ilustracións son de LIDIA IRIS MASFERRER.
Manuel di que escribiu este conto para os rapaces que son considerados "trastos", para que non perdan a súa luz interior...e eu engado a todos vós...brilade no lugar onde estedes, sempre.
Di tamén que o podedes compartir con quen creades que o poida disfrutar ou aproveitar. Nós xa o estamos a facer a través da nosa querida Xanela.

14/10/13

plan proxecta: FOTOGRAFÍA EN CURS.
















Con gran alegría, e moita ilusión, poñemos no voso coñecemento e facémosvos partícipes da recente noticia de que por segundo ano consecutivo estamos admitidos no proxecto de FOTOGRAFÍA EN CURS.
Moito ánimo e adiante!!!



 
















2ª LECTURA de OUTUBRO

Queridos seguidores da Xanela. Este venres a lectura en voz alta estivo a cargo de dúas alumnas da clase de 4º, xa veteranas, por certo!!! e que nos deleitaron cunha historia titulada ARTE, é a verdade é que o fixeron con moita arte e moito poderío.
Como é habitual, foron clase por clase invitándonos a escoitalas na hora do recreo. Xa vedes que felices son!



Na súa lectura, contaron coa valiosa colaboración de Iria San Miguel, de 1º, que tamén é unha experta sobre calquer tipo de escenario, e Eila, que estivo fabulosa.
O libro está na Xanela para que o leades vós mesmos. Animádevos a collelo en préstamo, é moi bonito.
 

08/10/13

COMEZAMOS!!!!

Neste enlace podes atopar algo máis...viches o león

O venres día 4 de outubro empezamos unha nova tempada de lecturas en voz alto e a fixeron Paula, Sara e Raquel de 6º
Parabéns pola lectura, polo ánimo e polo público que sempre está ahí disposto a escoitar.
Grazas a Natalia pola presentación e benvida e ás  axudantes Xanela que fixeron a entrega dos merecidos DIPLOMAS. 

Tamén a Luz encántalle ver ás súas queridas alumnas na recta final da Primaria!!! O tempo voa, aproveitemos cada segundo.




isabelisabel14's  album on Photobucket

22/09/13

BENVIDOS AXUDANTES XANELA!!!

Aarón, Rober, Alba Mosquera, Sara, Antonela, Alba Campos
Hodei, Roi, Leo, Raquel, Andrea, Cris, Lúa, Jenny
Alba de Luz, Iván, Anna, Ariana, Susi, Mori e Paula.
21 nenos e nenas, de 5º e 6º de E.P. toman este ano a decisión de ser AXUDANTES XANELA, un título que xa durante varios anos, ostentan con moito orgullo os nosos queridos alumnos do Sanjurjo de Carricarte. Queremos felicitarvos polo traballo que ides desempeñar durante este curso 2013-2014 que sen dúbida despega con forza nun espazo marcado pola responsabilidade, o esforzo e o compañerismo. Dende a Xanela: GRAZAS!!!
Aproveitamos para comunicar a apertura da Biblioteca o vindeiro 1 de OUTUBRO. Esperámosvos, como sempre con gran ilusión.
Biquiños.
Lusca, a mascota da Xanela
 



 

24/06/13

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

ENLACES:

Guías de lectura para o verán 2013
Recomendacións da editorial S.M. 
Consejos de lectura para o verán.
Banco del libro

Queridos nenos e nenas:
Chegamos ao fin de curso e con él todos os mestres e mestras do colexio queremos desexarvos unhas boas vacacións. Dende a XANELA queremos deixarvos unha serie de enlaces aos que podedes acceder ás recomendacións de lecturas para o período vacacional. Que as disfrutedes. Un biquiño para tod@s.

09/06/13

Na recta final!!!

Querid@s nen@s e profes: Xa queda moi pouquiño para chegar á recta final, así que MOITO ÁNIMO!!! Como o cine, en definitiva, é MAXIA, deíxovos unha divertida historia para que riades un pouco e pensedes que non sempre é como se empeza senón como se remata...Se trata do primeiro traballo como director do animador DOUG SWEETLAND, que tamén traballou en RATATOUILLE
Disfrutádea. Gracias, Marga!

30/05/13

Un gato na árbore

Hoxe rematamos as sesións de lectura en voz alta cos alumnos de 6º: Moncho, Ana, Ainhoa e Marcela que nos fixeron gozar co conto titulado UN GATO NA ÁRBORE.
Fixérono  moi moi requetemiau de ben...moitos parabéns aos catro.


                                                   
Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso…

A ilustradora francesa Géraldine Alibeu amosa unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, tirando todo o proveito posible á dobre páxina do álbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos co fin de concentrar a atención sobre os personaxes e o que a eles lles acontece. Géraldine Alibeu combina no seu traballo a pintura e colaxe e xoga cunha paleta de cores moi matizada, afastada das cores primarias.


28/05/13

Georges Méliès


Lembrades a película de Georges Méliès, que puxemos nos cortos de entroido nun dos obradoiros???
Pois, o  vindeiro 5 de Xuño, no teatro Colón, podedes ver o CINE-CONCERTO GEORGES MÉLIÈS.
Volve o (S8) e faino con máis forza que nunca cunha cuarta edición cargada de novidades. A mostra inaugurarase cun espectáculo inédito en Galicia no que os descendentes de Georges Méliès emprenden una viaxe xunto aos espectadores ás orixes da ficción cinematográfica. Títulos como EL HOMBRE DE LA CABEZA DE GOMA, BARBA AZUL ou a arquicoñecida VIAJE A LA LUNA, componen unha sesión que revive as primeiras proxeccións do cinematógrafo no París de prinicipos do século XX. A narración orixinal, deseñada polo propio Méliès, está interpretada pola súa bisneta MARIE-HÉLÈLNE LEHÉRISSEY. O seu tataraneto, LAWRENCE LEHÉRISSEY, acompaña ao piano cada unha das pezas.

LEMBRADE...MÉRCORES 5 DE XUÑO
HORARIOS: 20:30
 







 
PRENSAPRENSA

24/05/13

A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES



LECTURA DE  BREIXO E AGUSTÍN DE 4º: A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES
Agustín e Breixo, de 4º, leron o conto da quenlla que disfrutamos coma sempre na Xanela. 

"No máis fondo do mar vivía unha quenlla branca, gorda como unha balea, que de vella que era xa non lembraba a súa idade. Como era moi despistada, unha noite pegoulle tal mordida a unha pedra, confundíndoa cunha saborosa madalena, que alá lle foron os dentes..."


A BUFANDA DE DONA MELOSA



Dona Melosa era unha abella moi anciá que se aburría moito. Mentres as mozas saían todas as mañás a traballar fóra da colmea, ela non sabía que facer.
Cansa de estar aburrida, foi comprar la para tecer unha bufanda. Comprou un nobelo de cada cor e como eran tantos fixéronlle unha casa para ela soa no medio do xardín, co tellado vermello e as paredes de mel. Alí tecía día e noite unha bufanda enorme que saíu da casa e mesmo cubriu todas as flores. Entón as abellas non encontraron o néctar para fabricar o mel. Ela seguía tece que tece e a bufanda cubría xa os xardíns veciños e tapara algunhas rúas da cidade.
Por iso as abellas decidiron regalarlle a bufanda á lúa, que sempre tiña cara de frío. Pero dona Melosa seguiu tecendo: xerseis subidos para as xirafas e medias para os flamencos.

Patricia de 6º, fixo unha excelente lectura para o disfrute de pequenos e grandes...moitas felicidades!!!!


21/05/13

Aplicación "diverbolaño"

 
Que sorpresa!!!Grazas, Susi, por participar na actividade...como es a primeira que a fixo, es a primeira en aparecer...un xeito simpático de lembrar a figura do fabuloso Roberto Vidal Bolaño.
A ver quen mais se anima...con moitos podemos facer un collage.



18/05/13

Unha aplicación moi divertida




Esta aplicación sobre o día das letras galegas é un experimento que  fai chus.info, sen ánimo de lucro. Non se gardan nin imaxes, nin dato algún dos usuarios. E un xogo. Se queredes podedes enviarme as fotos que fagades a este correo: isicarricarte@gmail.com e logo facemos un collage con elas...bicos.