24/02/13

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
 o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e así está recollido no calendario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esa foi a data do  nacemento de Rosalía de Castro hai xa 176 anos.  Está considerada como unha das figuras clave do Rexurdimento galego decimonónico.
Son tan importantes a súa figura e a súa obra que aínda na actualidade está a recibir unha ampla atención por parte da crítica e dos estudosos da literatura. Nas últimas décadas as súas creacións foron traducidas a diversos idiomas como o francés, o ruso, o alemán ou o xaponés.
A Asociación de Escritores de Lingua Galega conmemoran hoxe esta data con diversas actividades que podedes consultar no enlace.
Ademais hai que recordar que o 17 de maio deste ano, Día das Letras Galegas,  se cumpren 150 anos da publicación da súa obra "Cantares Gallegos". Así mesmo tamén se cumprirán 50 anos da conmemoración das Letras Galegas.
Non é a primeira vez que Rosalía protagoniza o noso blogue. Podedes ver entradas anteriores neste enlace.

22/02/13

FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA.

Fina Casalderrey Fraga é unha escritora pontevedresa  que naceu no ano 1.951 e que conta cunha longa traxectoria na literatura para vós, os nen@s xa que  é autora de máis de medio cento de obras traducidas (entre outras linguas) ao portugués, ao castelán, ao catalán, ao eúscaro ou ao bretón, polas que foi galardoada con numerosos premios entre os que se contan o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa, e o Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil por O estanque dos parrulos pobres.

O TITULAR DA NOTICIA É ESTE:

Fina Casalderrey, 

académica da RAG

O pleno acaba de elixir á escritora como académica de número

8 votos

PARECE UNHA ROSA

Parece unha rosaJENNY E SARAY DE leron este venres un libro titulado PARECE UNHA ROSA.
Este libro é un álbum que ilustra a primeira parte do poema "Venterapasa" de Rosalía de Castro, do seu libro Cantares galegos. Primeiro reprodúcense todos os versos; logo, recóllese cada unha das estrofas e ilústrase a dobre páxina. Unha nena, Mariquiña, e un neno, Minguiño, son chamados pola voz poética a lavarse na fonte. Despois de lavados, ela parece unha rosa e el un repolo e merecen un biquiño. A afectividade e tenrura cos pequenos, que teñen os "ojitos de groria", a "carita de bruxa" e o "corazón de manteiga", teñen o seu reflexo no traballo de ilustración.
Sobre un fondo de cores suaves, o delicado traballo coas imaxes, figurativas e buscando a expresividade do rostro infantil, centrándose na forza dos ollos, crea un espazo lírico en sintonía co ton popular e o ritmo áxil do verso rimado de arte menor.
Cando empezamos a ler, e comentamos que este libro era un poema de Rosalía de Castro,  AMARA,que é unha preciosa nena de infantil de tres anos, nos dixo que ela se chamaba como a filla de Rosalía de Castro.
aquí a podedes ver entre Saray e Jenny, as dúas lectoras e os axudantes, Hodei e Jaime.







01/02/13

Un amor de botón

As veces cando vas a unha biblioteca ou a unha libraría e ves un libro cunha portada como a deste conto, xa te apetece moitísimo collelo para ler e para ver. Hoxe, os rapaces e profes del cole tivemos moita sorte, porque ademáis de poder velo e de que nolo contasen, poidemos disfrutar dunha representación feita por unha serie de actores e actrices fantásticos. Todos eles de 5º!!!
Eles soíños prepararon o conto e tamén o cartel anunciador que, como todos, é precioso.

Dúas historias que converxen ao final para facer unha soa, un mozo e unha moza que se atoparán grazas a un botón. É o destino que flúe e une...

OS PETOS DE LORETO...CONTACONTOS




Uns días antes do 29 de Xaneiro @s alumn@s do primeiro ciclo, é dicir, os de 1º, da clase de Luz  e os de 2º, da clase de Lucía recibiron esta carta...

Todos esperaban con ilusión a chegada do día 29 para poder velos e escoitalos.
Patricia e Álex contaron un conto moi bonito titulado OS PETOS DE LORETO
Loreto ten unha chea de petos. Que gardará no seu interior? Un relato rimado, rebordante de colorido, sobre un divertido personaxe que atesoura os obxectos máis inimaxinables. Sempre rodeada de nenos e nenas, de distintas idades e razas, a señora Loreto é a gran amiga que todos agardan ter porque ten recursos para todo: ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera cousa pode resultar útil nas súas mans, por iso, como por arte de maxia, de todos os recunchos do seu abrigo saen xeados, bucinas ou sombreiros. Un libro para estimular a imaxinación, coa espontaneidade que caracteriza o estilo do sempre xenial Quentin Blake.










NON É FÁCIL PEQUENO ESQUÍO


Non é fácil pequeno esquío KALANDRAKA













Kwayetcha, Kalina, Nuria e Martha, todas elas de 2º fixeron unha extraordinaria lectura do conto, "Non é fácil pequeno esquío". Se clicades enriba da editorial Kalandraka podedes ler un pouco máis sobre el.
Aínda que estaban nerviosas, non se lles notou nadiña e ademais fixeron unhas marionetas para animar a súa lectura. Moitas felicitacións pola vosa participación...