31/01/15

sopa verde nun pacífico día

Venres 30 de Xaneiro, día da paz, con temporal, choiva e un ceo gris, aínda así levamos a cabo a lectura en voz alta programada para este día e protagonizada por tres simpáticas rapazas de 4º, Nuria, Kalina e Martha, con h, como a ela lle gusta que o escribamos.


Un conto moi bonito no que a súa escritora ÁNGELA MADEIRA fai unha historia na que vémonos todos reflexados, pequenos e maiores, xa que moitas veces aferrámonos á seguridade do que coñecemos e temos medo a experimentar co novo, o descoñecido e é unha pena.

Destaca neste conto un mundo cheo de cores, de sabores e de números:
"unha miguiña de torta marrón, dous anaquiños vermellos de tomate, tres rebanadas de pan branco, catro sardiñas grises, cinco berenxenas moradas, seis cenorias laranxas e sete espigas de millo amarelas.










Gustounos moitísimo e as lectoras fixérono de marabilla, coma sempre. Parabéns.



Despois desta lectura os nenos e nenas de 4º prepararon unha adaptación dun conto"o dragón da Paz" e foron aos tres cursos de infantil para contalo...e así é

Os nenos e nenas de infantil como mostra de agradecemento tamén lles ofreceron os seus personais agasallos:

Infantil de 3 aniños regaloulles caramelos que según os de 4º son os máis ricos que saborearon na súa vida e como no conto eran de moitas cores.



Os de catro año lles deleitaron cunha canción- baile preciosa coa súa profe María José.
Finalmente os de cinco anos, están a preparar un conto para eles: elefantes brancos e elefantes negros...unha obra de arte desas que saben facer tan ben.


Unha mañá na que seguro houbo algún que outro conflito e que sen dúbida resolveuse pacíficamente como cada día do ano.









26/01/15

30 de enero, POEMAS PARA UN ESTILO DE VIDA QUE SE CELEBRA EN UN DÍA.


Por un mundo mejor, sonreímos. Ilustración de Federico Delicado
Como homenaje a los periodistas de Charlie Hebdo, los ilustradores han creado un puñado de viñetas 
El poeta Carlos Cano nos ha regalado un poema que nos ha encantado,  y que viene al contexto  de lo que pensamos, pero además lo expresa en verso, de una manera sencilla . Gracias Carlos, muchas gracias. 
Es su homenaje a los periodistas de Charlie Hebdo, sea también el nuestro y lo compartimos con todos vosotros.




Sonríe
(Carles Cano)
Sonríe,
Aunque llueva,
Aunque llores,
Sonríe.
Con un cielo de ceniza
Aunque estés hecho trizas
Sonríe
Lleva la sonrisa por bandera
Sé el heraldo de la Primavera
Sonríe
No dejes que gestos ni palabras
Te agrien la mirada, te amarguen
Sonríe.
Otra vez y aún más
Defiende la alegria con uñas y dientes
Sonríe
En casa, en el trabajo, en la calle
Al amigo, al paseante, al forastero
Sonríe
No les dejes que ganen
Nosotros somos muchos más.






El mensajero de la paz

Un blanco y pequeño barco
con banderas de colores
se fue a recorrer los mares
cargado con lindas flores.

Es un barco de papel
como dice la canción
pero es lindo y tan alegre
que conmueve el corazón.

Por cada puerto del mundo
ya lo vemos avanzar
nos deja siempre un mensaje
                                                      "En paz queremos danzar"





Si tuviese la magia de un mago, de las balas haría flores, de los fusiles, trombones y fagots y de los truenos, poemas de amor.











La paz extiende sus alas de libertad por encima de todas las sonrisas de los niños
 (Jono Takeshi)



Cuando cantamos es porque solemos estar contentos, así que os proponemos cantar, cantar y cantar...




¡¡¡¡cuánto nos queremos...una poesía llena de besitos...a practicar!!!!

¡Cuánto nos queremos!

Mi mamá me besa 
antes de dormir.
Mi papá me besa
antes de salir.

Mi abuela me besa,
me besa feliz.
Mi abuelo me besa
y me hace reír.

Yo beso a mi hermano,
el me besa a mi
en la punta misma
de nuestra nariz.

Esta és mi familia.
¡Besos para ti!





recursos para a túa aula sobre a paz

Clica en RECURSOS para atopar as actividades sobre a paz.















Cantando á paz
Premios nobel da paz
Webs de paz
Cadernos de paz para a aula
Paz para resolver as guerras

CLICA NA POMBA AZUL E PODERÁS ACCEDER AOS TEMAS 

IDEAS PARA MANUALIDADES 

PICASA WEB
DEBUXOS E VIÑETAS PICASA WEB
CANCIÓNS, MURAIS, DEBUXOS PICASA WEB
POMBAS DA PAZ PICASA WEB

unha triloxía para pensar

Esta triloxía de debuxos animados fala da necesidade de distribuír dunha forma xusta o auga e das consecuencias que puiden ter se non é así. 
Esta serie, axeitada para nenos  de 5 a 11 anos, inclúe "Flores sen fronteiras"


"A guerra das flores" e " De quen son as nubes? " tres vídeos de debuxos animados




No primeiro episodio trátase o tema da xusta distribución da auga; no segundo, as guerras; e no terceiro as consecuencias sociais e económicas da aplicación egoísta da tecnoloxía







25/01/15

outro conto de Julia Donaldson

Da mesma autora que o GRÚFALO, o pasado luns, na biblioteca Xanela, as mestras Luz e Isi, contaron o conto titulado: DÓNDE ESTÁ MAMÁ? 

Foi unha sorpresa para os nenos e nenas das súas clases e contamos coa colaboración de Bryan como portador dun morceguiño...

Gustounos moito este conto porque aínda que a mariposa parecía non ser moi espabilada, aprendemos que as veces as nosas maneiras de actuar dependen tamén dos puntos de vista dos demáis.


Logo de lelo as profes, pedímoslle a  Lola de 2º  e Fer de 1º que o lesen eles e encantounos como o fixeron. Parabéns pola vosa boa disposición!!!!

Aquí deixamos o vídeo para que o poidades ver e escoitar tamén todos vós.
Desexamos que o disfrutedes como o disfrutamos  todos nós.

24/01/15

LIBRO DE CONTAR

Venres 23 de Xaneiro:

 a lectura en voz alta estivo protagonizada por dúas nenas de 2º, CANDELA E NATALIA ROLDÁN que leron o conto titulado LIBRO DE CONTAR.



MOITOS PARABÉNS ÁS DÚAS PORQUE FIXÉSTELO MOI MOI BEN.















Hai moitas formas de contar. Pódense contar as nubes deitado na herba; pódense contar as formigas que saen do hormiguero, sentado xunto a un amigo; pódense contar as mapoulas do campo mentres paseas? ou se pode contar un conto á vez que contamos os personaxes que o van facendo? Pero, ao chegar ao número doce, sae a lúa, todos temos que irnos á cama, e ... empeza a conta atrás!




15/01/15

O GRÚFALO

Qué un GRÚFALO?
É UN BICHO UN POUCO REPELENTE...DEDAS DESPARRAMADAS, UNHA VERRUGA NA PUNTA DO NARIZ...O XEADO DE BUFO É UNHA DAS SÚAS COMIDAS FAVORITAS.


Neste conto vese como a ASTUCIA ten máis poder que calquera MONSTRO, aínda que se trate dun con horrorosos cairos, con poutas como puntas de coitelos, con dentes terribles e amarelos, con vultos nos xeonllos, espulla velenosa na punta do nariz, dedos do pé esparexidos, lingua negra, lombo cheo de espiñas. ...

É unha lección que nos dá o seu pequeno protagonista:un rato, moi listo e astuto que coa súa xenialidade despista e engana ao animal máis feroz e temido do bosque que se vai encontrando e como consegue de forma brillante, resolver o problema que se lle presenta ao comprobar que o ser imaxinario que inventara para despistar cada inimigo que pretende comelo... aparece no medio do bosque, tal e como o imaxinara e o describira... E ao que igualmente engana.

Rompendo as leis da natureza, neste conto o tamaño non importa para saír vitorioso... e é por todo isto que vos conto que é altamente recomendable para contarllo a calquera peque, que pampo a escoitará...

A súa autora, Julia Donaldson é das máis populares de Gran Bretaña. A súa colaboración co ilustrador Axel Scheffler foi recoñecida con importantes premios e converteu a El Grúfalo nun clásico. Tamén é autora de obras de teatro para nenos e cancións.

O ilustrador do grúfalo é Axel Scheffler.

Naceu en Hamburgo, pero dende hai moitos anos vive en Inglaterra. É unha das grandes estrelas da ilustración para nenos en todo o mundo e todos os seus libros teñen un enorme éxito.

E aínda que os seu é ter o conto orixinal na man, ábrovos o apetito con este vídeo que encontrei en You Tube...








HOXE, DÚAS NENAS DE 3º, NOA PARDIÑAS E CARMEN, NENAS CON EXPERIENCIA NA LECTURA EN VOZ ALTA, CONTÁRONNOS O CONTO DO GRÚFALO E FIRÉRONO MOI BEN.



CLICLA NA IMAXE PARA VER ESTA PÁXINA WEB EN INGLÉS SOBRE O GRÚFALO.

Velaquí vos deixamos coas fotos da fantástica lectura de Carmen e Noa!!!

Moitas grazas!!!





09/01/15

FELIZ ANO NOVO




ESTAMOS DE NOVO NA BIBLIOTECA XANELA 

EMPEZAMOS COA LECTURA DO CREBANOCES INTERPRETADA POR 

NURIA, UXÍA 

CANDELA  DE 4º



UNHA LECTURA CHEA  DE SORPRESAS: CREBANOCES, NOCES,
POS MÁXICOS, CLARA POR AQUÍ, CLARA POR ALÁ E TAMÉN 

UNHA MENCIÓN A TCHAIKOVSKY COMPOSITOR DA 

OBRA DO MESMO NOME.


MOITAS


FELICIDADES


POR 


UNHA LECTURA 



TAN DELICIOSA.