16/01/13

"Retazos de cine"



Os irmáns Lumière son considerados historicamente como os pais do cine. Inventaron o cinematógrafo (considerado o primeiro aparato de cine) baseados no kinetoscopio de Tomas A. Edison. Os experimentos sobre a proxección de imaxes en movemento visibles para máis dun espectador estábanse a desenvolver simultáneamente en Estados Unidos e en Europa; en Francia, a pesar de non contar coa grande infraestrutura industrial de Edison, os irmáns Louis e Auguste Lumière, na súa fábrica de placas fotográficas en Lyon en 1894, crearon o cinematógrafo, invento que era ao tempo cámara, copiadora e proxector, e que é o primeiro aparato que se pode cualificar autenticamente de cine. Polo que o 28 de decembro de 1895, ante o público do Gran Café Boulevard de París se fai a presentación pública do cinematógrafo, e a partir desta data os Irmáns Lumière quedaron universalmente como os iniciadores da historia do cine.
PRIMEIRA PELÍCULA 1895

Louis Lumière foi un fotógrafo experimentado, que pola seu particular forma de rexistrar escenas cotiás, é considerado o pai do documental.
Os irmáns Lumière produciron ademais unha serie de curtametraxes con grande éxito, de xénero documental, nos que se mostraban diversos elementos en movemento: obreiros saíndo dunha fábrica, ondas rompendo na beira do mar e un xardineiro regando o céspede. Un das súas curtametraxes máis efectistas para demostrar as posibilidades do novo invento foi o que mostraba a un tren correo avanzando cara ao espectador, o que causou o susto dos que o vían. O cine que se producía mentres no estudo de Edison era máis teatral: números circenses, bailarinas e actores dramáticos que actuaban para as cámaras. Pero para entón o equipamento elemental xa fora estandarizado seguindo o modelo do cinematógrafo dos irmáns Lumière, e as películas comezáronse a comercializar a escala internacional.

11/01/13

O SOÑO DO OSIÑO ROSA

O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río… Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar… ¿Con que soña un osiño rosa?
A xirafa tráelle unha bufanda; o cabalo, unhas ferraduras e a ra unhas lentes para o sol. Mais sen querelo, cada un deles estivera perseguindo en realidade o seu propio soño e non o do osiño rosa. Só o moucho, animal asociado sempre á sabedoría, cae na conta do erro cometido e ponlle remedio.




Moitas felicidades aos alumnos de 3º: a Paula, a Nati, a  Carlos, a Eila e a Daniela pola súa interpretación.
A Iria, felicidades pola súa narración...o fixo de marabilla.