23/05/14

o principio de KALANDRAKA

KWAYETCHA E CANDELA, XA EXPERTAS LECTORAS FIXERON A LECTURA DO CONTO DE KALANDRAKA "O PRINCIPIO"


"Esta historia reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. PAULA CARBALLEIRA, é capaz de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións hiperrealistas de SONJA DANOWSKI trasaldan aos lectorues ata as mesmas ruínas dos bombardeos.


Este libro é unha homenaxe ás bibliotecas como FAROS luminosos de sabedoría. Este libro, transmite unha mensaxe de ESPERANZA: a vida continúa, a risa flúe contaxiosa, os nenos non poden deixar de vivir a súa infancia aínda que un conflito bélico queira arrebatala." (kalandraka)

Parabéns ás lectoras e aos actores que lles acompañaron...






21/05/14

NAS LETRAS GALEGAS...

      O xoves 15 de maio, reunímonos para facer algo especial nas letras galegas.



Os nenos e nenas do cole fixeron as súas  aportacións  e queremos compartilas con todos vós.









  • En educación infantil, a clase de 3 aniños,  cantaron unha preciosa canción e convertiron a Díaz Castro na ESTRELA da celebración. 

  • A clase de  6º de eduación infantil, fixeron un ACRÓSTICO con todo o seu agarimo...precioso! 



  • No primeiro ciclo fixeron HAIKUS, poemas de orixe xaponés que se refiren á natureza. 

           Foron traducidos ao galego e adaptados ás fotografías feitas polos nenos e nenas. De todo o traballo fixeron unha montaxe.







  • Dos alumnos e alumnas de  3º escoitamos un bonito poema sobre como pasa o tempo... tic, tac, tic, tac



  • Unha canción titulada "ESA LUS", foi o tema con que os nen@s de 4º nos deleitaron e que podedes escoitar cando vexades as fotos e que dí:







"Esa lus"


Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 


Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus


Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá


Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá


O clase  de 5º preparou un xogo moi divertido no que había que atopar o nome escondido de Xosé María Díaz Castro. Antes de empezar a buscar contáronnos da súa vida e obra. Gustounos moito!!!

Para rematar, en 6º fixeron unha exposición no corredoiro do primeiro andar, con poemas do autor e ilustracións. 



Moitas grazas  a TOD@S polos vosos traballos.




20/05/14

A ESCALEIRA POR ALEX E NICO

UNHA LECTURA MOI DIVERTIDA POR ALEX E NICO DE 2º



O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou á porta: Din-don! Din-don! Non había ninguén. Deixou a carta no chan… … e baixou, baixou, baixou pola escaleira.


10/05/14

O SOÑO DE MATÍAS

ESTE VENRES, NA XANELA CARMEN, NOA PARDIÑAS  E LUCI BEDOYA LERON O CONTO "O SOÑO DE MATÍAS" DE KALANDRAKA.


ENCATOUNOS E FIXERON UNHA LECTURA DE PROFESIONAIS. MOITOS PARABÉNS!!!!






05/05/14

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS



Estamos no mes de maio e nesta entrada imos colgar informacións, actividades, traballos...sobre a persoa de  XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, AUTOR HOMENAXEADO NESTE PRESENTE ANO, NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Letras Galegas 2014




DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA TEMOS A NOSA DISPOSICIÓN INFORMACIÓN MOI VARIADA SOBRE A PERSOA DE
Actividades para educación infantil e primaria dende o SEMINARIO GALÁN. 


DOCUMENTAIS E ACTIVIDADES DOUTROS CENTROS

NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA
BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO