Estes días non se para polo colexio! Todo ferve, todo se move... e todo en galego!
Como ben sabedes, este ano o
día das Letras Galegas está adicado a
Carlos Casares. Navegade polos enlaces para descubrir máis cousas sobre el e tamén sobre
este día tan especial.
No colexio hai moitas actividades ademais das lecturas en voz alta habitual. As paredes enchéronse coas imaxes dos libros de Casares, a súa cara nos acompaña ata cando subimos as escaleiras..
O pasado martes os alumnos de 5º de Educación Primaria, nunha xornada maratoniana, leron para todo o colexio unha das obras máis coñecidas do autor homenaxeado,
"As laranxas máis laranxas do todas as laranxas". Foi unha lectura dramatizada que trouxo á nosa biblioteca a Elías, Anxa, o veciño da escopeta, a veciña desdentada... Moito disfrutamos!
Os alumnos de 2º tamén leron para os cursos de 2º e 3º a obra
"Lolo anda en bicicleta".
Outra das actividades que andamos a preparar é a representación teatral dunha adaptación de
"A galiña azul", outra das obras de Carlos Casares. Será este venres, estade moi atentos, e participan alumnos de todas as clases.
E polo barrio tamén houbo unha chea de actividades. Quen foi á
Foliada das Letras no Campo da Leña? Alí tamén disfrutamos unha barbaridade escoitando a
Xabier Díaz e as
Adufeiras de Salitre.
E vós? Sabedes dalgún outro evento? Contádenos!