28/11/12




IMAXE DUN CONTO MOI BONITO E MOI ESPECIAL, PORQUE CONTOUNO O NOSO QUERIDO ROMI. SE QUERES VER O VIDEO DA LECTURA PREMA NA PALABRA IMAXE E O PODERÁS ESCOITAR ENTEIRIÑO. QUE O DISFRUTEDES COMO O DISFRUTAMOS NÓS.


LA OVEJITA QUE VINO A CENAR, POR...ROMÁN

Tivemos unha lectura na biblio titulada LA OVEJITA QUE VINO A CENAR.
Román practicou primeiro a lectura na súa clase, con Cris, e logo leuna en voz alta na biblioteca para os rapaces e gustounos moito porque foi moi expresivo cando contaba o conto!!!
Este conto é unha historia protagonizada por dous vellos coñecidos dos contos infantís, o lobo e a ovella, pero esta vez cun xiro argumental sorprendente e divertido. Un lobo famento recibe a inesperada visita dunha pequena e indefensa ovella. A súa primeira intención é comela, pero empeza a dubidar ante a tenrura que a ovella lle produce. O lobo terá que decidir entre gozar dunha suculenta comida ou axudar á súa indefensa e tenra visita. As ilustracións da obra reflicten a indecisión do lobo e a inocencia da ovella cunha humorística perfección.
Moitas FELICIDADES ROMÁN. FIXÉCHELO MOI MOI BEN

25/11/12

25 Novembro


IGUALDADE





O SONO IMPOSIBLE



O PRÍNCIPE CENICIENTO


PARA A IGUALDADE


O domingo 25 de Novembro celebrouse o día da eliminación da violencia de xénero. No cole os alumn@s de 2º ciclo tivemos unhas sesións nas que Esperanza falounos  deste tema e traballamos aspectos de interese, sobre todo comprobar que somos iguais nas nosas capacidades aínda que tamén somos diferentes, porque uns somos nenos e outros nenas.
A Xanela quere deixarvos algunhas recomendacións de lecturas para vós sobre este tema:
ARTURO E CLEMENTINA: Arturo e Clementina namóranse perdidamente e deciden compartir as súas vidas. Ao principio todo é estupendo, pero pouco a pouco, nas ausencias de Arturo, Clementina sente que se aburre e que necesita facer algo máis que esperar soa na casa. Arturo bota por terra todos os intentos de realización de Clementina, para que vai pintar ou cantar, se todo o fai mal. A cambio, e para que non se queixe, vaille entregando regalos, enchéndolle a cuncha dun montón de obxectos que non a fan feliz, senón que oprímena e impídenlle ser libre.


"Rosa Caramelo", é a historia dunha elefantita. Unha elefantita que non encaixa na súa sociedade por non ser suficientemente suave, nin rosa, nin feminina.Os seus pais están enfadados, convencidos de que a elefantita non se esforza o suficiente en ser como as demais. A protagonista inténtao con todas
as súas forzas, deixando niso a súa alegría, ata que un día comprende que ela non naceu para ser rosa. E a pesar do que a súa familia e sociedade opinan, ela decide deixar de vivir encerrada co resto de elefantitas, e correr libre e xogar cos elefantitos machos da súa manda.

Hay algo más aburrido que una princesa rosa?
Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... Non quería bicar sapos para ver se eran príncipes azuis. Non quería príncipes azuis. Carlota sempre se preguntaba por que non había princesas que sucasen os mares en busca de aventuras. Ou princesas que rescatasen os príncipes das poutas dun lobo feroz. Ou princesas que cazasen dragóns ou voasen en globo.


Nesta historia, uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.


SARAH, CARLOS E LUCÍA DE 3º



Este venres tivemos na Xanela a tres rapaces de 3º, Sarah, Carlos e Lucía. Leron o conto de Albin e o fixeron moi ben porque ademáis o representaron. Tiveron moito público e tiveron moitos, moitos aplausos. Grazas pola vosa lectura e a seguir adiante.
 
Albin é un coello diferente, en lugar de ser gris como os demais, é branco. Albin séntese só. Unha anciá coella é atacada polo lobo e Albin a salva. Albin convértese nun heroe do bosque.
 
 
 
albin el conejo

16/11/12

CASTAÑAS CON MÚSICA

Aínda que é a mesma canción, as imaxes son distintas, xa que tamén nós somos distint@s.

O MAGOSTO

Este venres, ademáis de continuar outro curso a xogar coa buxaina, celebramos o magosto, festa tradicional de Galicia.
Se queredes saber máis, desta tradición,  prema eiquí e le...

Venres de magosto e de piola,trompo,buxaina...

MANIFESTO DÍA DO PEÓN 2012
Canto para bailar o peón

Espile, rapaz, chegou o tempo:
do seu adurmiño
esperta o brinquedo.
Corre, rapaza, vai ao faiado
lonxe quedou
o San Amaro.
Espreguiza, rapaz, toca xogar
a túa habelencia
ven amosar.
Bule, rapaza, o xogo é sinxelo
na cunca da man
acubilla o enredo.
Axiña, rapaz, envolve o peón
viste a buxaina
da capa ao ferrón.
Vamos, rapaza, arrólalle a corda
ponlle a baraza
envolve a piola.
Adiante, rapaz, xa é o tempo
ergue esa brazo
moi preto do ceo.
Sen presa, rapaza, contén o alento
baila ese trompo
lánzao con tento.
Imos, rapaz, báilao a xeito
unha volta tras outra
que xire un bo treito.
Dálle, rapaza, xa é San Martiño
o teu peón
lanza ao camiño!
Agustín Agra. Noia, Novembro de 2012
Se queres saber máis
prema eiquí  e irás directamente ao enlace de BRINQUEDIA

12/11/12

PERICO, O CANGREXO

Contos da tía Rosario: Perico o Cangrexo
Nas vacacións, María e Xoán van á casa da tía Rosario, onda a praia. Ela cóntalles fermosos contos, como o que lles contou cando lle ensinaron un caldeiro no que meteran cangrexos e caracois. Faloulles de Perico, un cangrexo que vivía nunha poceira da praia a quen un día meteron nun caldeiro con outros peixiños e moluscos uns rapaces, que logo os deixaron abandonados nel. Como a auga estaba cada vez máis quente, algúns morreron e outros coma el salváronse grazas a que o caldeiro deu a volta. Ao día seguinte, Perico deixouse coller por outro neno e reprochoulle o mal que lle podía causar por máis que o rapaz dicía que só o quería ver. Entón comprendeu que non facía ben e volveuno á auga. Como acabaron facendo os sobriños da tía Rosario e os seus curmáns.
O libro inclúe un vocabulario e mais unha reseña pedagóxica na lapela, onde se expón o obxectivo de respecto aos maiores e aos seres vivos cos que a natureza nos agasalla.


Marcela e Patricia de 6º contáronnos o venres, 9 de novembro, este conto que nos encantou e do que tamén aprendemos que hai que deixar os peixes e outros animais das pozas con vida respectando o lugar onde viven.
Felicidades ás dúas por unha lectura tan bonita e con tanta soltura!