27/02/15

EL TESORO DE QUICO

Vaia conincidencia!!! resulta que Sarah, unha das lectoras de hoxe, tamén ten un irmán que se chama KIKO e que estivo no cole xa vai algún tempo...




Como todos os vernes foron polas aulas para invitar aos nenos e nenas  ir á biblioteca Xanela para escoitalos.


Sarah,  Eila e de Lucía, de 5º, leron o conto titulado "EL TESORO DE QUICO" e fixérono moi, pero que moi ben.


Como colaboradores estiveron Iván, Laura e Carlos...moi simpáticos!!!



Quico está feliz porque é un día de festa e non ten que ir ao colexio. Pero non poderá xogar co seu veciño Felipe, porque este ten gripe. Entón, decide que xogará cos seus bonecos de trapo e co seu gato. Quico sae a xogar un anaco á rúa coa pantera e o tigre de trapo, e co seu gato. E así os catro xuntos van en busca dun tesouro. Pero Quico descubrirá cal é o seu auténtico tesouro, e sorprenderao. 
Nas súas  ilustracións está presente o humor, coa habitual mestría deUrberuaga, e os bonecos de trapo parecen cobrar vida.

21/02/15

ROSALÍA DE CASTRO




Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora e data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

Algunhas actividades para aprender máis...

XOGANDO CON ROSALÍA LIM da biblioteca do ceip Alexandre Bóveda







unidade didáctica de cantares galegos realizada por OS POEMAS DO RÍO








Martiño e o mar


Susi e Michelle leron este venres na Xanela o conto titulado Martiño e o mar.


Leron moi ben e con elas actuaron: Lucía Soto, Xiana, Noa Pardiñas e Noa Villaverde, 
Carla e Yanira.



Unha lectura chea de ilusión. Moitos parabéns, guapas!!!


21 de febreiro, día internacional da lingua materna.


11/02/15

máis cousiñas do entroido


para os peques...na casa dos ratos chega o entroido



estamos no ENTROIDOOOO

O luns coa boina 
O martes co bastón
O mércores coas gafas


O xoves coa bata de casa
e o venres ... entroido !!!!
Estamos a cumplir os mandadiños.


Ademáis, por si queres facer unha careta:

Tamén para os que sodes seguidores dos BOLECHAS eiquí tendes máis actividades:


Como ulen como filloas e como orellas !!!!!
Alguen quere facer coa súa familia unhas flores de entroido ???




Para que podades ver clica en 

 XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

e atopa moita información interesante.

Para os máis pequenos, fai caras como ti queras.





LIBRO LIM DO Entroido




06/02/15

Esbirras??? Se o fas, podes viaxar a...

Hoxe Martha e Candela, de 4º EP,  deleitáronnos con "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba."
Moitas grazas!


Velaquí vos deixamos unha mostra: