24/12/12

OS DOUS CORCOBADOS

UN CONTO, DOS NENOS E NENAS DE 1º coa gran axuda da súa querida profe, LUZ.
TODO UN ÉXITO DA XANELA PARA DESPEDIR O PRIMEIRO TRIMESTRE.
Xan e Perillán eran dous irmáns chepudos. O máis novo decidiu marchar polo mundo a probar fortuna. Ao chegar ao bosque tivo medo do home do saco e subiu a unha árbore. Pasaron unhas ancinas repetindo compasadamente "sábado-domingo". "E luns" engadiu el, polo que o mandaron baixar e, en agradecemento, serráronlle a xiba cunha serra de manteiga. Ao volver e explicarllo ao irmán, fixo este o mesmo, pero en vez de luns díxolles martes. E elas, por facelos romper o ritmo, puxéronlle un chepón engadíndolle a xiba do irmán.
Esta espléndida edición do conto popular adaptado contén unhas orixinais ilustracións, e os de primeiro o convertiron en unha obra de teatro magnífica. Felicitacións.
 
 
 
 

22/12/12

Recomendacións de lecturas para as vacacións.

Querid@s tod@s: Este xoves coas notas vos entregamos un tríptico sobre libros que vos recomendamos para ler ou para agasallar neste tempo de nadal. Como lembrades ao pé do tríptico dicía que atoparedes máis información na Xanela. Pois aquí a tendes. Moitos bicos e que vos gusten moito.

19/12/12

AXUDANTES XANELA

FELIZ NADAL A TOD@S E QUE PASEDES UNHAS VACACIÓNS ESTUPENDAS COAS VOSAS FAMILIAS. XANELA ESPÉRAVOS COA PORTA ABERTA EN XANEIRO E LUSCA VOS DESEXA O MELLOR.
UN RECREO MOI PRODUCTIVO E MOI BOAS REFLEXIÓNS.
FORMADES UN EQUIPO ESTUPENDO. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POLO VOSO COMPROMISO.

A MIN NON ME COMAS!

Era unha noite sen lúa…
O reloxo daba a UNHA… DONG!
De pronto,
Mateo espertou asustado.
Escoitara un ruído detrás da porta,
onde estaban colgados os abrigos.
Mirou cara a alí,
pero só viu unha sombra…
Abriu moito os ollos, sen pestanexar,
e a sombra transformouse nun… MONSTRO!


En A min non me comas!, Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.


De dereita a esquerda:
Roberto, o narrador do conto.
Aarón que interpretou a Mateo.
Hodei, o monstro bermello. Que meeedo!!!
Raquel, que interpreta a tía de Mateo.
O pequeno Martín que facía de irmán de Mateo e Alba Mosquera, a mamá
 de Mateo.
Estivo moi ben, gustounos moito e o fixeron de marabilla. Seguide así, porque da gusto vervos e escoitarvos.
 
 

11/12/12

ALGUNHA PISTIÑA...

HAI PROBAS QUE SUPERAR SE O PREMIO QUERES SABOREAR...
POIS AQUÍ VAN ALGUNHAS QUE EN FRANCÉS TES QUE DESCUBRILAS...
HTML - 7.2 ko
Mon Oncle (1958) by Jacques Tati
1- FICHE TECHNIQUE
Titre :Mon Oncle
Réalisation: Jacques Tati
Scénario et dialogues :Jacques Tati, Jacques Lagrange et Jean Lhôte
Musique: Alain Romans et Franck Barcellini
Production: Louis Dolivet et Alain Terouanne pour Specta, Gray, Alter Films et Film del Centauro (Italie)
Durée: 1h47
Pays: France
Date:1958
Genre: Burlesque
Interprétation :Jacques Tati (Monsieur Hulot) - Jean-Pierre Zola (M. Charles Arpel)-Adrienne Servantie (Mme Arpel) - Alain Bécourt (Gérard Arpel) - Lucien Frégis (M. Pichard) - Adelaïde Danieli (Mme Pichard) - Dominique Marie (Mme Dubreuil)
 

CARLÚS...O CARteiro de LUSca.

Ola a tod@s:
Que vos pareceu o carteiro que vos mandei????  Sí, o CARLÚS, que se chama así precisamente por iso, porque é CARteiro de LUSca, que son eu.
Pois claro!!! que pensabades...que despois de todas as visitas que facedes a miña casa Xanela non vos ía agasallar cunha sorpresa!!!
Deíxovos as fotos que fixo a miña secretaria, Isi, para que vexades as cariñas de sorpresa  que tendes...e claro, teño que dicirvos aos de , que como estabades en inglés e Isi apareceu nese momento, quedou tan sorprendida que non tivo capacidade para reacionar e facervos fotos...despois xa foi correndo pola cámara...eso sí, como todos os demáis recibíchedes a vosa sorpresa, verdad Manolito????

28/11/12




IMAXE DUN CONTO MOI BONITO E MOI ESPECIAL, PORQUE CONTOUNO O NOSO QUERIDO ROMI. SE QUERES VER O VIDEO DA LECTURA PREMA NA PALABRA IMAXE E O PODERÁS ESCOITAR ENTEIRIÑO. QUE O DISFRUTEDES COMO O DISFRUTAMOS NÓS.


LA OVEJITA QUE VINO A CENAR, POR...ROMÁN

Tivemos unha lectura na biblio titulada LA OVEJITA QUE VINO A CENAR.
Román practicou primeiro a lectura na súa clase, con Cris, e logo leuna en voz alta na biblioteca para os rapaces e gustounos moito porque foi moi expresivo cando contaba o conto!!!
Este conto é unha historia protagonizada por dous vellos coñecidos dos contos infantís, o lobo e a ovella, pero esta vez cun xiro argumental sorprendente e divertido. Un lobo famento recibe a inesperada visita dunha pequena e indefensa ovella. A súa primeira intención é comela, pero empeza a dubidar ante a tenrura que a ovella lle produce. O lobo terá que decidir entre gozar dunha suculenta comida ou axudar á súa indefensa e tenra visita. As ilustracións da obra reflicten a indecisión do lobo e a inocencia da ovella cunha humorística perfección.
Moitas FELICIDADES ROMÁN. FIXÉCHELO MOI MOI BEN

25/11/12

25 Novembro


IGUALDADE





O SONO IMPOSIBLE



O PRÍNCIPE CENICIENTO


PARA A IGUALDADE


O domingo 25 de Novembro celebrouse o día da eliminación da violencia de xénero. No cole os alumn@s de 2º ciclo tivemos unhas sesións nas que Esperanza falounos  deste tema e traballamos aspectos de interese, sobre todo comprobar que somos iguais nas nosas capacidades aínda que tamén somos diferentes, porque uns somos nenos e outros nenas.
A Xanela quere deixarvos algunhas recomendacións de lecturas para vós sobre este tema:
ARTURO E CLEMENTINA: Arturo e Clementina namóranse perdidamente e deciden compartir as súas vidas. Ao principio todo é estupendo, pero pouco a pouco, nas ausencias de Arturo, Clementina sente que se aburre e que necesita facer algo máis que esperar soa na casa. Arturo bota por terra todos os intentos de realización de Clementina, para que vai pintar ou cantar, se todo o fai mal. A cambio, e para que non se queixe, vaille entregando regalos, enchéndolle a cuncha dun montón de obxectos que non a fan feliz, senón que oprímena e impídenlle ser libre.


"Rosa Caramelo", é a historia dunha elefantita. Unha elefantita que non encaixa na súa sociedade por non ser suficientemente suave, nin rosa, nin feminina.Os seus pais están enfadados, convencidos de que a elefantita non se esforza o suficiente en ser como as demais. A protagonista inténtao con todas
as súas forzas, deixando niso a súa alegría, ata que un día comprende que ela non naceu para ser rosa. E a pesar do que a súa familia e sociedade opinan, ela decide deixar de vivir encerrada co resto de elefantitas, e correr libre e xogar cos elefantitos machos da súa manda.

Hay algo más aburrido que una princesa rosa?
Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... Non quería bicar sapos para ver se eran príncipes azuis. Non quería príncipes azuis. Carlota sempre se preguntaba por que non había princesas que sucasen os mares en busca de aventuras. Ou princesas que rescatasen os príncipes das poutas dun lobo feroz. Ou princesas que cazasen dragóns ou voasen en globo.


Nesta historia, uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.


SARAH, CARLOS E LUCÍA DE 3º



Este venres tivemos na Xanela a tres rapaces de 3º, Sarah, Carlos e Lucía. Leron o conto de Albin e o fixeron moi ben porque ademáis o representaron. Tiveron moito público e tiveron moitos, moitos aplausos. Grazas pola vosa lectura e a seguir adiante.
 
Albin é un coello diferente, en lugar de ser gris como os demais, é branco. Albin séntese só. Unha anciá coella é atacada polo lobo e Albin a salva. Albin convértese nun heroe do bosque.
 
 
 
albin el conejo

16/11/12

CASTAÑAS CON MÚSICA

Aínda que é a mesma canción, as imaxes son distintas, xa que tamén nós somos distint@s.

O MAGOSTO

Este venres, ademáis de continuar outro curso a xogar coa buxaina, celebramos o magosto, festa tradicional de Galicia.
Se queredes saber máis, desta tradición,  prema eiquí e le...

Venres de magosto e de piola,trompo,buxaina...

MANIFESTO DÍA DO PEÓN 2012
Canto para bailar o peón

Espile, rapaz, chegou o tempo:
do seu adurmiño
esperta o brinquedo.
Corre, rapaza, vai ao faiado
lonxe quedou
o San Amaro.
Espreguiza, rapaz, toca xogar
a túa habelencia
ven amosar.
Bule, rapaza, o xogo é sinxelo
na cunca da man
acubilla o enredo.
Axiña, rapaz, envolve o peón
viste a buxaina
da capa ao ferrón.
Vamos, rapaza, arrólalle a corda
ponlle a baraza
envolve a piola.
Adiante, rapaz, xa é o tempo
ergue esa brazo
moi preto do ceo.
Sen presa, rapaza, contén o alento
baila ese trompo
lánzao con tento.
Imos, rapaz, báilao a xeito
unha volta tras outra
que xire un bo treito.
Dálle, rapaza, xa é San Martiño
o teu peón
lanza ao camiño!
Agustín Agra. Noia, Novembro de 2012
Se queres saber máis
prema eiquí  e irás directamente ao enlace de BRINQUEDIA

12/11/12

PERICO, O CANGREXO

Contos da tía Rosario: Perico o Cangrexo
Nas vacacións, María e Xoán van á casa da tía Rosario, onda a praia. Ela cóntalles fermosos contos, como o que lles contou cando lle ensinaron un caldeiro no que meteran cangrexos e caracois. Faloulles de Perico, un cangrexo que vivía nunha poceira da praia a quen un día meteron nun caldeiro con outros peixiños e moluscos uns rapaces, que logo os deixaron abandonados nel. Como a auga estaba cada vez máis quente, algúns morreron e outros coma el salváronse grazas a que o caldeiro deu a volta. Ao día seguinte, Perico deixouse coller por outro neno e reprochoulle o mal que lle podía causar por máis que o rapaz dicía que só o quería ver. Entón comprendeu que non facía ben e volveuno á auga. Como acabaron facendo os sobriños da tía Rosario e os seus curmáns.
O libro inclúe un vocabulario e mais unha reseña pedagóxica na lapela, onde se expón o obxectivo de respecto aos maiores e aos seres vivos cos que a natureza nos agasalla.


Marcela e Patricia de 6º contáronnos o venres, 9 de novembro, este conto que nos encantou e do que tamén aprendemos que hai que deixar os peixes e outros animais das pozas con vida respectando o lugar onde viven.
Felicidades ás dúas por unha lectura tan bonita e con tanta soltura!

 
 

 

30/10/12

MANUALIDADES DE MEEEEEDOOOO!

 
Por si acaso non sabedes moi ben que facer estes días, Lusca vos recomenda facer algunha manualidade...así que vos deixa uns vídeos para que teñades algunha idea, no caso de que non se vos ocurra a vós mesmos.
 
 

UNHA RECEITA APETITOSA PARA O SAMAÍN

 Ingredientes:

  • 1 bote pequeno de Leche Condensada
  • 400 gr de cabaza
  • zume de 2 laranxas e ralladura
  • 2 iogures desnatados
  • canela
  • 100 gr de azucre
  • 14 galletas integrais con mel
  • 50 gr manteiga
TORTA DE CABAZA E LARANXA
Acaramelamos a cabaza con azucre.
Trituramos as galletas de mel cun pouco de manteiga para a base da torta e  a secamos no forno durante 10' a 180ºC no forno.
Preparamos o recheo, triturantdo a cabaza acaramelada co Leite Condensado , os iogures, o zume, a canela e a xelatina xa disolta.
Vertemos esta preparación na base de galletas xa cocida e deixámolo arrefriar no refrixerador, unhas 3 horas ata que estea callada.





Un pouco de música para cantar e...bailar.


Semana do Samaín.

Festa do SAMAÍN ...CINE NO COLE

A biblioteca Xanela anuncia...
LUCES, CAMARA, ACCIOOOON!!!!
mércores, 31 de outubro:

Cine para todos os públicos en distintas salas:
A SALA DISNEY, acollerá aos alumnos de educación infantil e nela proxectarase a película MONSTROS S.A.
A SALA CHARLOT, acollerá aos alumnos do primeiro ciclo e nela proxectarase a película ¿DÓNDE VIVEN LOS MONSTRUOS?
A SALA HITCHCOCK  , será para os alumnos do segundo ciclo e nela proxectarase a película EL PEQUEÑO VAMIPIRO.
Finalmente, na SALA HERMANOS MARX, a película será LA MALDICIÓN DE LAS BRUJAS e será para o público máis maior do cole, os do terceiro ciclo.
 
Estas películas son adaptacións cinematógraficas de LIBROS. Por exemplo, ONDE VIVEN OS MONSTROS, é unha adaptación do conto infantil escrito por Maurice Sendak alá pola década dos anos sesenta.


    A película O PEQUENO VAMPIRO é unha produción tipo COMEDIA-TERROR que se estrea en Estados Unidos no ano 2000 e que está baseada na novela de Ángela Sommer Bodenburg co mesmo nome. O libro se publicou en 1979.Trata da amizada entre o neno humano e o neno vampiro.

    DESTA PELI FIXERON UN LIBRO CO MESMO TÍTULO...
    DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES A TOPE!!!E FELIZ SAMAÍN!!!



    .

    CHUZOS DE PUNTA

    O señor Manolo ergueuse como todos os días; lavou a cara, vestiuse… e ao saír á rúa… caeulle unha princesa na cabeza! E é que hai días en que as leis da natureza non funcionan: hai días en que o amor cae do ceo.
    Este venres a Xanela sorprendeunos cunha lectura acompañada de títeres...nin máis nin menos que o Señor Manolo e unha princesiña...tivemos moito, moito público e pasámolo de marabilla escoitando a tres veteranas na lectura en voz alta, Alba Morán, Raquel e Susi...que rían moito ao tempo que contaban a historia... Grazas a colaboración de Eli, Diana e Fabi, que lle deron vida ás marionetas.
    A presentación da lectura fíxoa Roberto, axudante da Biblioteca Xanela.
     
     
    
     
     

    24/10/12

    HOMIÑO DE MAZAPÁN

     O venres pasado, tivemos unha lectura titulada HOMIÑO DE MAZAPÁN.A autora deste conto se chama Raquel Méndez e as ilustracións son de Elia Manero. 
    Este libro é da editorial Kalandraka e trata  dunha parella de avós que vivían sós. Un día, amasando, ela pensou en facer un homiño de mazapán. E fixo o cromo: con
      dous figos de ollos, unha noz de nariz e na boca un sorriso de marmelada de amoras. Meteuna no forno e cando o abriu saíu correndo un pequeno home de mazapán para o xardín. Detrás del foron os dous anciáns para intentar alcanzalo. Na súa fuxida, unha vaca e logo un cabalo, ao velo pasar, pensaron en comelo, polo que tamén se uniron á persecución.Ao chegar a un río, e para librarse dos seus perseguidores, aceptou a axuda da raposa, que se ofreceu a levalo á outra beira. Para que non caese, díxolle que se colocase nas súas costas, logo nas orellas e a continuación no fociño... ata que acabou zampándo.
    Esta lectura fixérona  tres rapazas de , Ainhoa, Laura e Ana.
    Ana é a primeira vez que le na biblioteca Xanela e o certo é que o fixeron moi ben e tiveron moito público.




     

    07/10/12

    PROXECTO DA BIBLIOTECA XANELA PARA O CURSO 12-13

    Quero presentarvos un vídeo  no que ides atopar unha música que de seguro vos soa moito e vos fai sonar...moitos contos da nosa literatura foron levados ao cine por un director chamado Walt Disney, contos coma Brancaneves ou Pinocho...vos soan??
    Este ano un novo tema de traballo...que será será???
    Algúns de vós xa sabedes de qué vai...outros non...pois, o tema vai a ser O CINE.
    A Lusca lle gustaría recibir no seu buzón de lecturas en voz alta da Biblioteca, unha notiña escrita por vós  da película que máis vos gustou e por que...a ver cantos vos animades a escribir...igual hai sorpresa!!! 

    AXUNDANTES XANELA..,UN COMPROMISO E UN RETO


    Este novo curso iniciámolo con moita ilusión e cunhas axudas inmellorables: os axudantes Xanela.
    Todos eles fixeron unha SOLICITUDE por escrito, explicando as razóns polas que querían formar parte deste equipo tan importante para o bo  funcionamento da biblioteca.
     O equipo de biblioteca revisaría estas SOLICITUDES para admitir ou non aos candidatos.
    O resultado da revisión destas solicitudes foi que todos os candidatos foron elexidos polo alto grao de interese, capacidade e motivación. Moitas felicidades e desexamos que o compromiso dure todo o curso.
    Benvidos HODEI, AARON, CRISTINA, ALBA CAMPOS, GISELLE, PAULA, SARA, ROBERTO, ALBA MOSQUERA, RAQUEL, ANNA SCHMELZ , ANTONELA, ANDREA, DAVID TRASANCOS, ISMAEL, de 5º e SARAY e AINHOA TRASANCOS de 6º como novos e recentes axudantes! e benvidos tamén a LAURA, JENNY, JAIME, PATRICIA, como veteranos na biblioteca.
    A todos vós, moitas grazas e adiante coa vosa colaboración!



    05/10/12

    A ÁRBORE DAS FOLLAS DIN A- 4

    Oooola!!! Xa estamos de novo na Biblioteca Xanela...a miña casa!!! para empezar coas LECTURAS EN VOZ ALTA.
      Fíxome moitíííííísima ILUSIÓN vervos a todos por eiquí...xa tiña ganas!!!!
    Qué ben o fixeron Natalia, Laura, Eila e Daniela! e qué bonito o conto que leron
    da árbore das follas DIN A-4



    Deíxovos as fotos (fai clic nas palabras "as fotos")  do "evento" xa que hoxe houbo moito, moito, pero que moito público. Ah, e xa sabedes, podedes facer comentarios no blogue. Un bico para tod@s.


     
     

    20/06/12

    Hoxe un día especial, en relación á entrega de PREMIOS do III concurso literario da XANELA.
    Moitas felicitacións a tod@s pola vosa participación e aos premiados:
    • Na categoría de LIBRO ILUSTRADO, o premio foi para 6º de educación infantil e recolle o premio: Brais Morán Martínez, representando á súa clase.



    Na categoría de NARRACIÓN, premios para Pablo Ymia Fernández, de 1º de E.P.  e para Marcos Moradillo Sebastián de 2º.









    Na categoría de BANDA DESEÑADA,  premios  para Alba de Luz Pérez, de 3º de E.P.
    e para Anna Mª Schmelz Collado, de 4º.


    Finalmente, na categoría de TEATRO,  premio  para AÏcha Villaverde Ríos, de 6º de primaria.



    Outro merecido premio é para o noso querido Román coa elaboración dun conto que trata dun caracol: o caracol Fernando.

             

    Lusca, vos anima a que sigades participando neste fantástico certame no que vos convertides en escritores e escritoras e deixades voar a vosa imaxinación, facendo que nós soñemos coas vosas historias. Podedes ver as obras gañadoras neste enlace do  VOCEIRO DE HÉRCULES.

    Dende a Xanela e o seu proxecto sobre PINTURA, moitas felicidades pola obra de arte da portada do xornal do cole, feita por Antonela de 4º... é moi difícil elexir unha!!! de todos modos, as portadas que fixéchedes, están todas, todiñas, á vista porque están na entrada do cole. Sodes uns artistas!!!!!

    


    





    14/06/12

    RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

    Para que durante o verán saibades que podedes ler, déixovos uns enlaces doutras bibliotecas onde podedes atopar cousas interesantes para ler e adaptadas aos vosos gustos.
    Como este ano traballamos a pintura tendes aquí uns libros moi axeitados para que lembredes este curso:
    *LENDO CON ARTE.
    *LE PARA RELAXarte.
    Se ides a viaxar, ou quedades na casa, fagades o que fagades tendes estas outras recomendacións:
    *Se vas de viaxe, leva libros na equipaxe.
    Outro enlace é *LER NO VERÁN.
    Seguiremos en contacto.