Amosando publicacións coa etiqueta dia internacional de la mujer. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia internacional de la mujer. Amosar todas as publicacións

13/03/21

Programa especial polo 8 de marzo de Radio Xanela

 

Hoxe traemos un novo programa de Radio Xanela. O 8 de marzo é unha data que non pasa desapercibida no cole e este ano queríamos sumar ás moitas actividades que se están a elaborar, un programa de radio no que participan todas as clases.

Neste especial falamos da orixe do 8 de marzo como Día Internacional da Muller, das catro científicas galegas que compoñen as camisetas que fixemos, lemas para berrar ben forte nas manifestacións feministas, un poema de Rosalía de Castro, unha mención a Emilia Pardo Bazán e ata cancións e raps. Non o poderedes deixar de escoitar!

Un gran traballo de todo o centro para seguir loitando pola igualdade! 

06/03/15

domingo 8 de marzo, día internacional da muller

"Empoderando ás mulleres, empoderando á humanidade" é o lema deste ano para celebrar o día da muller.


Dende a biblioteca Xanela deixámosvos cun tema titulado MATRIARACAS de GUADI GALEGO (vocalista e gaiteira do grupo BERROGÜETO ata xaneiro de 2008).


"É unha reivindicación dese matriarcado galego que existe, que é real, que está presente na nosa sociedade e nas pequenas vidas de cada un," sinala a artista nunha entrevista" 


Guadi Galego detalla que todas esas mulleres do día 

a día, da vida cotiá, son totalmente reais. 



A maxia deste video é 

que todas son mulleres, 

mulleres normais, unhas 

altas, outras baixas, 

unhas máis delgadas

outras menos delgadas...








08/03/14

día internacional da muller

mira o vídeo que GOOGLE adica ás mulleres... XANELA TEN NOME DE MULLER...




Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, e dende a Xanela pensamos en aquelas mulleres que teñen relación co UNIVERSO.


Podemos coñecer...





  mulleres astronautas