Radio Xanela xa está de volta este curso!
Cando estamos a un día celebrar o Día da Radio, podemos ao fin ofrecervos o programa de radio que resume todo o que aconteceu no cole no primeiro trimestre.
O alumnado de 2º presenta este programa cheo de grandes contidos coma a COVID. Imposible non falar deste tema que está a marcar as nosas vidas. Escoitade o que opinan as grandes mentes que temos en Educación Infantil, non faltan ideas para combatir ao virus!
Tamén hai tempo para falar de datas importantes como o Magosto, o Samaín, a celebración do Estatuto de Autonomía de Galicia ou de proxectos tan interesantes como o do espazo do Vixía.
Todo isto ben acompañado de cancións que non poderedes deixar de escoitar e promos dun cole onde non o podemos pasar mellor!
Desfrutade do voso programa e se queres deixanos tamén a túa opinión.