Hoxe, a lectura da Biblioteca a fixeron Cris e Isi. Foi a lectura do conto titulado O CAZO DE LORENZO, do que xa colgamos un fermoso vídeo. Asistiron bastantes nenos e foi un momento diferente.
Quizais, a principal sentenza que se
esconde entre as súas letras, é que as persoas con dificultades, que neste caso
simula o cazo vermello, non teñen por que querer desfacerse dela, é dicir non
teñen por que vela como un estorbo ou unha molestia. É certo que, ás veces,
impide realizar unha vida normal pero é moito mellor, sobre todo para eles
mesmos e as súas familias, que intenten levalo de forma creativa en vez de crear
unha continua loita, aínda que non sempre resulte tan sinxelo, así como Lorenzo acaba levando o seu cazo vermello metido nun bolso,
o cal lle permite superar os obstáculos que antes encontraba dunha forma menos
complicada. Se dedicamos o tempo suficiente a ver a minusvalidez como todo o
contrario, é dicir, como algo intrínseco da propia persoa, nos será moito máis
sinxelo axudar aos que conviven con ela na súa adaptación e inclusión no mundo
actual. E, ademais probablemente, terán unha maior autoestima que lles permita,
así mesmo, levar unha vida plena e feliz.
Por que a dificultade vai
normalmente asociada a algo negativo? Por que cremos, de forma estereotipada,
que aquelas persoas con dificultades non poden, ou si pero de forma máis
dificultosa, facer o mesmo que os demais? Como ben explica o conto, a miúdo as
persoas externas só ven o cazo vermello que leva Lorenzo, e é información abondo como para que poidan
crearse ideas erróneas. Creo que, os que non coñecen este mundo de preto, se
perden algo extraordinario e digno de explorar porque descubrirían aquí cousas
inimaxinables.
Debido, precisamente, ao que viñamos comentado, o vídeo
déixanos unha frase conmovedora ao final: "Moitas veces ignoreite por medo, por
non saber como tratarte, por non me equivocar, pensando que Deus se
equivocara... Creía que vivías triste, sen esperanza,
e cheo de sonos inalcanzables. Pero ti ensináchesme que: Ris, choras, bailas,
tes sonos, xogas... posúes capacidade de superación... me ensinaches a ver que
es como eu
(Autismodiario.org)