30/05/15

odiosas vacaciones

O venres 22 de maio, Iria San Miguel, Carmela, Iria Campos, Sara, Pablo, Martín e Yago Vargas, leron o conto titulado ODIOSAS VACACIONES, no que unha gata chamada Teresa está fastidiada por ter que viaxar á praia e tenta escapar de tal situación. Nese intento a  familia atopa máis tarde a un can abandoado  e  que finalmente acaba formando tamén parte da familia.


Moitas grazas polo voso esforzo e traballo. Unha lectura fabulosa!!!!
Grazas tamén aos axudantes da Xanela: Susi, Nerea e Carlos Bao.




29/05/15

A RÚA DA TIXOLA

Hoxe, venres 29, na biblioteca Xanela escoitamos a tres nenas de 4º: Nuria, Noelia e Candela que nos leron un conto titulado A RÚA DA TIXOLA. 

                                            



Este álbum que vén de publicar OQO, de Charo Pita e con ilustracións de Massimiliano di Lauro é ben bonito.
Un relato encadeado que nos guía por un camiño que ten ida e volta ata chegar ao comezo e comprender as bondades da lectura, conclusión final tras este percorrido imaxinario e divertido onde todo sucede porque hai unha causa anterior.
As complicacións vanse amañando grazas á amabilidade e bo facer da xente.
As ilustracións tamén son fantásticas pola súa orixinalidade e a súa viveza de cores que fai que mesmo o branco que serve de fondo teña unha música que tanxe ladaíñas ledas e adquira todo un ritmo redondo ... feliz.

Moitos parabéns ás lectoras que pechan o ciclo de lecturas en voz alta da biblioteca Xanela e moitas grazas tamén aos axudantes voluntarios da Xanela, xa que os nenos e nenas de 6º están de excursión e eles prestáronse voluntarios á axudar.





23/05/15

TITIRICIRCUS

Antón, Fernando e Anxo de 1º deleitáronnos cunha  lectura do conto de kalandraka, titulado: TITIRICIRCUS, que prepararon co seu esforzo durante os tempos de lectura do cole.

Os seus axudantes son Jacobo, Marcos, Manu e Brailín que son uns marabillosos monicrequeiros.  

É precioso ver a motivación que dende pequenos se lles inculca e a ilusión que amosan por vir a ler á Biblioteca Xanela que tantos momentos máxicos nos regala cada venres.

Aquí temos a lectura para que a poidades disfrutar !!!!





Na montaxe poderedes ver escenas da compañía TANXARINA

Titiricircus é o todoterreo da súa carteleira, con

máis de 900 representacións.

Contan a historia de dous vellos traballadores 

daquel circo que agora lembran, acompañados 

de monicreques de fíos, as vellas glorias do seu

pasado na pista



15/05/15

CO DEDO NO NARIZ, POR MARCOS E ANTÓN DE 5º

O elefante encantáballe furgarse no nariz e a ratiña, a súa veciña, tamén lle gustaba moito. A rá tamén lle tería gustado meterse o dedo, pero a súa nai non a deixaba...estes sons algúns dos personaxes que DANIELA KULOT presenta neste relato que tanto lles gusta aos nosos nenos e nenas...e tamén a algúns que non somos tan nenos ou nenas!!!!

Venres, día 8 de maio, na Xanela:

nesta ocasión a lectura está interpretada por dous chicos de , Marcos e Antón.


Preparárona con moito agarimo e representárona con marionetas.


Antón amosa a súa habilidade manexando os bonecos e tanto Marcos como Antón mostran a súa destreza na lectura en voz alta.



Moitos parabéns!!!!

07/05/15

LETRAS GALEGAS 2015

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA

O presidente da Real Academia Galega (RAG) Xesús Alonso Montero, deu a coñecer en roda de prensa o nome  do escritor pontevedrés, XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE , autor homenaxeado no día das Letras Galegas en 2015, unha figura coa que a RAG recoñece hoxe "unha débeda histórica" pola súa traxectoria profesional e contribución á lingua e ao impulso institucional e cultural de Galicia.

Presentación de FILGUEIRA polo ceip de Galán. Moitas grazas polo voso traballo.

Breve vídeo coa persoa de FILGUEIRA.











RECURSOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Agradecemos as aportacións do seminario do ceip de Galán que poñen á disposición de todos os centros, variados recursos para poder traballar e aprender sobre XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
Clicade na imaxe para acceder a eles.