Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

21/02/15

ROSALÍA DE CASTRO




Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora e data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

Algunhas actividades para aprender máis...

XOGANDO CON ROSALÍA LIM da biblioteca do ceip Alexandre Bóveda







unidade didáctica de cantares galegos realizada por OS POEMAS DO RÍO








24/02/13

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
 o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e así está recollido no calendario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esa foi a data do  nacemento de Rosalía de Castro hai xa 176 anos.  Está considerada como unha das figuras clave do Rexurdimento galego decimonónico.
Son tan importantes a súa figura e a súa obra que aínda na actualidade está a recibir unha ampla atención por parte da crítica e dos estudosos da literatura. Nas últimas décadas as súas creacións foron traducidas a diversos idiomas como o francés, o ruso, o alemán ou o xaponés.
A Asociación de Escritores de Lingua Galega conmemoran hoxe esta data con diversas actividades que podedes consultar no enlace.
Ademais hai que recordar que o 17 de maio deste ano, Día das Letras Galegas,  se cumpren 150 anos da publicación da súa obra "Cantares Gallegos". Así mesmo tamén se cumprirán 50 anos da conmemoración das Letras Galegas.
Non é a primeira vez que Rosalía protagoniza o noso blogue. Podedes ver entradas anteriores neste enlace.

22/04/10

Rosalía no noso cole!

Hoxe tivemos unha visita moi, pero que moi especial! Nada máis e nada menos que ROSALÍA DE CASTRO! Si, si, así como o estades a ler. E a de cousas que nos contou! Falounos da súa vida, dos seus fillos, da súa poesía, de cómo botaba de menos Galicia cando tivo que marchar fóra... Tamén cantamos con ela algún dos seus poemas. E aínda fixemos caligramas con algúns dos seus versos!
Todo isto na nosa biblioteca. Estabamos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º e moitas mestras acompañando esta actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello.
Mirade, mirade as fotos!

14/04/10

Traballando a Rosalía


O vindeiro 23 de abril é o Día Internacional do Libro. No noso centro aproveitamos estas datas para investigar e afondar sobre a vida e obra de Rosalía de Castro xa que este ano se cumpren 125 anos do seu pasamento.
Todas as aulas están a facer un traballo sobre a autora que amosarán aos demais compañeiros o 23 de abril. Temos moita curiosidade por ver o que están a facer!



Deixámosvos aquí algúns enlaces que vos poden axudar:
Rosalía na wikipedia
Web da Fundación Rosalía de Castro
A súa obra
Webquest sobre Rosalía (3º ciclo)
Blogue Son de Poetas
Webquest sobre o Día do Libro
Outra webquest sobre o Día do Libro