22/12/10

A lectura de Aicha e Milka

A lectura de Aicha e Milka é a última do trimestre, con elas nos despedimos ata o ano que vén. Temos un montón de lectores e lectoras esperando o seu turno así que seguro que será un segundo trimestre cheo de contos!
MOI BEN, AICHA E MILKA!

A LECTURA DE ROMÁN

Con un pouquiño de retraso, disculpádenos, aquí vos deixamos as fotos da lectura en voz alta de Román. Como xa recordaredes, foi unha sesión fantástica á que acudiron moitos compañeiros e compañeiras a escoitar a Román, que nos leu a historia de "La cabra boba".
MOI BEN, ROMÁN!

Campamento de Nadal

Durante estas vacacións de Nadal hai moitas cousas que facer. Unha mamá do centro nos achega esta información sobre un campamento gratuito. Botádelle unha ollada!
campamento-navidad[1]

21/12/10

FOTOS DUN AGASALLO DIFERENTE

Lusca quere darvos un AGASALLO DIFERENTE estas festas: 
 O ÁLBUM DE FOTOS DE MARCEL; 
QUE DISFRUTEDES COAS FOTOS!
FELICES FESTAS!








FOTOS DE PRIMARIA


FOTOS DE INFANTIL

16/12/10

Finalistas na fase autonómica. I Concurso de Lectura en Voz Alta

Xa se saben os concursantes que pasaron á fase finalista do I Concurso de Lectura en Voz Alta. Non temos a sorte de estar entre os seleccionados pero iso non debe desmoralizarnos senón que temos que coller máis forzas para o ano que vén. De tódolos xeitos, alegrámonos polos premiados, especialmente polas do CEIP María Pita. Moita sorte nesta nova fase!
No seguinte documento podedes consultar a resolución coa listaxe de premiados.
Resolucion Finalist As Concurso Lereescoitar[1]

02/12/10

Este Nadal UN AGASALLO DIFERENTE, descúbreo moi pronto en XANELA.

UN AGASALLO DIFERENTE: RECURSOS PARA TODOS
O día do seu aniversario, Marcel invitou a Tristán a merendar na súa casa.
-Felicidades - dixo Tristán ao ver o seu amigo, e deulle un pequeno paquete...
MOI PRONTO AVERIGUAREDES QUE TIÑA DE ESPECIAL ESE "AGASALLO DIFERENTE". Se credes saber cal é o agasallo diferente, deixade un comentario coas vosas ideas.
Para ir abrindo boca, deixámosche estes recursos do Nadal:


O CONTO DE PAPÁ NOEL


Enlaces para os máis pequenos:
Debuxos de Nadal
Acitividades LIM

Descargar postais de Nadal.



Manualidades




Decora a tua árbore









Recursos para os maiores:
O Nadal en distintas partes do mundo (información)
O Nadal no mundo (información)

Contos de Nadal:
O agasallo de Nadal
O felicímetro
O ano que Mamá Noel repartiu os agasallos
O cociñeiro da Noite Boa

Xogo Navideño












VILLANCICOS






RECURSOS PARA OS MESTRES:
Wikisaber (recomendación do blog Orientación Andujar)

Paula, Raquel e Andrea na lectura en voz alta!

Agora son Andrea, Paula e Raquel as que chegan á biblioteca escolar "Xanela" para compartir unha lectura con nós, "Santi no quiere... irse a la cama". Son alumnas de 3º e estaban desexando que lles tocara ler. Fixéronno estupendamente! Vós que dicides?


01/12/10

A lectura de Jaime, Patricia e Marcela

Outro día de lectura en voz alta e outra nena dos recén chegados que se suma á actividade. E non vexades a lista de espera que temos! Patricia tamén se adapta estupendamente ao cole e todos estamos encantados de ter tantas caras novas por aquí.Eles léronnos "O elefante que non quería ser elefante" e todos disfrutamos moito coa lectura. Parabéns aos lectores!

30/11/10

Un novo fiadeiros!

Esta mañá celebramos no noso cole, na biblioteca, unha nova sesión de Fiadeiros, actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A súa coordenadora, a profe Maite, explícanos que é unha actividade destinada a crear espacios e tempos para falar galego. Todos os meses ten que facer unha selección de alumnado porque son moitos os que solicitan participar. Faise logo do recreo. Este mes o tema tratado é "Xoguetes de antes e agora" e os asistentes disfrutaron un montón falando dos diferentes tipos de xogos que coñecían e sobre cales lles gustaban máis. O mes que vén, máis!

A lectura de Celia, Ainhoa e Noemi

Con un pouco de retraso aquí van as fotos da lectura de Celia, Ainhoa e Noemi. Ainhoa e Noemi xa son expertas nestas lides pero Celia é unha alumna nova do cole que xa se enganchou á actividade. Parece que se sente moi a gusto entre nós, o que nos aleda moitísimo. Nós estamos encantados de terte aquí, Celia, e tamén encantados de que participes nesta actividade tan nosa.
Ainhoa, Celia e Noemi leron "O soño do osiño rosa"

25/11/10

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta data foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 a proposta da República Dominicana co apoio de sesenta países. O motivo que levou á República Dominicana a propoñer este día foi o terrible asasinato das irmás Mirabal que tivo lugar o 25 de novembro de 1960 por orde do dictador dominicano Trujillo.
Actualmente son moitas as mulleres que sofren violencia de xénero e moitas acaban mortas. Non hai máis que ver a prensa, a televisión ou a radio para comprobar que é un problema real e grave. Todos e todas temos a obriga de facer o posible para erradicar este cancro da sociedade. Un primeiro paso é facermos conscientes do problema e para iso nada mellor que estar informados. Enreda polos enlaces (a imaxe do lazo e as palabras subliñadas) e atoparás moitos datos.

20/11/10

LUSCA E O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA!

Sabías que os nenos e nenas coma ti tedes DEREITOS? Alá onde vivas teñen que respectalos, sexas neno ou nena, teñas ou non algún impedimento físico ou mental, fales un ou outro idioma... Independentemente da cal sexa a túa cor de pel, o teu país, as ideas que teñas... tes dereito a unha casa, a unha escola, á alimentación, e todo o demais que precises para ter unha vida sana e feliz.

Ademais ningún neno ou nena pode sufrir violencia, maltrato, explotación ou abandono.

PARA SABER MÁIS...
Picade aquí

Picade aquí

29/10/10

XA TEMOS GAÑADORES!

Esta mañá fíxose pública a relación de gañadores do I Concurso de Lectura en Voz Alta "Ler e escoitar". Había moita expectación e nervios. Os nomes anunciáronse na sesión de contacontos á que asistiu terceiro ciclo con motivo da celebración do Samaín.
A gañadora da modalidade individual é AINHOA VÁZQUEZ SÁNCHEZ, de 6º curso e os gañadores da modalidade de grupo son MIGUEL LÓPEZ CUESTA e ROBERTO LARA MÍGUEZ, de 5º curso. Como premio polo seu traballo entregóuselles un agasallo, un libro.
Os vídeos coas súas lecturas xa están enviados a Santiago. Agora a esperar os resultados desta nova fase!
Aos que non resultaron seleccionados moitas grazas pola súa participación. Todo o colexio está orgulloso do traballo que levaron a cabo.
NORABOA OUTRA VEZ AOS GAÑADORES!

28/10/10

FIADEIROS

Hoxe comezou a nova tempada de Fiadeiros no noso cole. Xa sabedes en qué consiste. Un grupo de alumnos e alumnas van voluntariamente á Biblioteca para falar dun tema proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística. Hai que respectar dúas normas: a primeira, falar en galego e a segunda, respectar a quenda de palabra.
O tema deste mes é "O medo", por aquelo das datas nas que estamos! A actividade ten moito éxito entre todos vós, a lista de espera para participar na actividade é tremenda! Procúrase que en todas as sesións haxa representantes dos diferentes cursos. Fixádevos nas fotos!

27/10/10

Samhaín en Xanela


Xa queda pouco para que chegue a noite máis terrorífica do ano, a noite do Samhaín, hoxe en día chamada tamén Halloween.

A noite do 31 de Outubro comeza o ano novo celta, antigamente era considerada unha das noites más perigosas do ano, xa que nesas horas as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e render contas inacabadas cos homes e mulleres da terra.

Para afastar as ánimas dos inimigos estas xentes recurrían aos conxuros dos druídas e adoitaban decorar as súas casas con ósos, caveiras e demais cousas desagradables para que os mortos pasaran de longo asustados.
Seguirán hoxe visitándonos?


Enlaces relacionados co Samaín:
Para os máis pequenos:
Xogo "Talla unha cabaza"



Lim relacionado co Outono e o Samhaín











Lim do Samhaín en inglés




Información do Samhaín (Wikipedia)

Manualidades de Paper craft
Xogo de preguntas do Samhaín









Para @s mestr@s:

Materiais para infantil e primaria (Orientación Andujar)

26/10/10

I CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "LER E ESCOITAR"

Hoxe a nosa biblioteca vestiuse de festa! Nunca tantos contos se leron nun mesmo día, nin tantos lectores houbo ao mesmo tempo! Hoxe celebramos a primeira fase do I concurso de lectura en voz alta convocado pola Consellería. A participación foi estupenda! Un total de 24 rapaces e rapazas de terceiro ciclo de primaria concursaron nas dúas modalidades, individual e grupo. Levaban días preparando as súas lecturas e notouse. Asistiron como público os compañeiros e compañeiras de 3º,4º, 5º e 6º e tamén eles o fixeron xenial.
A xornada foi moi especial e pensamos que o balance é totalmente positivo. Agora só queda que o xurado decida quen son os gañadores! Estade atentos!

22/10/10

COMEZAMOS A LECTURA EN VOZ ALTA!

Un ano máis comezamos a "tempada" de lectura en voz alta. Xa imos polo 4º ano e segue a ter o mesmo éxito de sempre. Son moitos xa os nenos e nenas que solicitaron participar nesta actividade. Temos o calendario completo para todo o primeiro trimestre! Tede un pouquiño de paciencia e mentres esperades podedes disfrutar tamén asistindo como público e ademais así seguro que colledes boas ideas.
Hoxe foron Ainhoa, Cristian e Laura de 4º curso os que nos fixeron disfrutar coa lectura de "Amores de gato e rato". Como xa vén sendo habitual tamén trouxeron debuxos feitos por eles dos personaxes do conto. A semana que vén máis!



Por certo, que andamos moi atarefados polo centro porque o alumnado de terceiro ciclo anda a preparar a súa participación no I Concurso de Lectura en Voz Alta. O martes celebramos no cole a primeira fase. Estade atentos!