Amosando publicacións coa etiqueta tic´s. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tic´s. Amosar todas as publicacións

17/11/11

A páxina web do cole


Moitos de vós xa sabedes que levamos tempo organizando a páxina web do cole. Agora xa empeza a ter moitas cousas. Nela podedes consultar documentos do centro, acceder ás publicacións on-line, ler recomendacións de lectura, consultar novas de actualidade... E agora tamén podedes ver as fotos das diferentes actividades que imos celebrando no cole. Non tedes máis que ir á galería e dende alí acceder ás diferentes conmemoracións, visitas, etc.
Animádevos a visitala e convertela nunha ferramenta habitual de consulta do centro!

19/01/11

O proxecto da Biblio empeza a andar!

... Ou mellor deberíamos dicir "A nadar!" Como xa todos sabedes, o proxecto deste ano xira ao redor da auga. Cada clase escolle un aspecto a traballar. Como son moitas as actividades que temos en marcha e os recursos que podemos utilizar, dende a nosa biblioteca acabamos de crear unha wiki (páxina web colaborativa) onde iremos poñendo todos os materiais que consideremos interesantes á disposición das diferentes aulas. A wiki chámase "Proxectos Biblio Xanela" Se picas no nome accederás directamente a ela. Tamén deixo o enlace na barra da dereita.
Todos podedes ver a wiki pero só os profes poderán acceder para engadir novos recursos. Aínda así todos os rapaces e rapazas podedes colaborar: se atopades algo na rede ou nos libros que consideredes interesante podedes comunicalo ás vosas titoras ou deixar aquí un comentario co enlace. Rapidamente pasarémolo á wiki!
Animádevos! O proxecto farémolo entre todos nós!
Para que vos animedes aquí vos deixo un vídeo moi divertido

21/10/10

OUTRO BLOGUE NO COLE!


A comunidade dixital vai medrando no noso cole. Agora son os alumnos e alumnas de 1º coa súa profe, María, os que se animan a participar na blogosfera. Preséntanos a Pulpito, a súa mascota, coa que percorrerán o fondo mariño. Seguro que aprendemos con eles un montón de cousas! Picade na imaxe para ver o blogue.

19/10/10

Recollemos o premio!




O pasado venres estiven en Madrid, invitada pola Fundación Telefónica para recoller o premio do XI Certame Educared. Recordade que un grupo de alumnos e alumnas de 6º do curso pasado elaboraron unha wiki sobre a contorna da Torre de Hércules pola que obtiveron o segundo premio do Certame.
O venres os docentes galardonados asistimos a varias sesións de formación sobre o uso de novas tecnoloxías e tamén participamos na gala de entrega de premios.

Hoxe sae a noticia tanto na Voz de Galicia como na Opinión de A Coruña. Picade nas imaxes para lelas.
Aquí vos deixo tamén o vídeo de presentación da gala,

Outros materiais (fotos, montaxes...) compartidos por asistentes á gala:
presentación collage
fotos
Máis fotos

09/03/10

Navegación segura pola rede


Xa sabedes que navegar por internet é unha ferramenta estupenda coa que podemos aprender un montón de cousas pero tamén hai que coñecer os seus riscos. Con este xogo que atopei no blogue Educación tecnológica seguro que aprendemos algunhas cousas interesantes