Hoxe tivemos unha visita moi, pero que moi especial! Nada máis e nada menos que
ROSALÍA DE CASTRO! Si, si, así como o estades a ler. E a de cousas que nos contou! Falounos da súa vida, dos seus fillos, da súa poesía, de cómo botaba de menos Galicia cando tivo que marchar fóra... Tamén cantamos con ela algún dos seus poemas. E aínda fixemos caligramas con algúns dos seus versos!
Todo isto na nosa biblioteca. Estabamos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º e moitas mestras acompañando esta actividade promovida polo
Servizo de Normalización Lingüística do concello.
Mirade, mirade as fotos!